CAMPAÑA DE ACOSO E DESPRESTIXIO CONTRA A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO
23 de nov. de 2013
Desde a
Asociación Veciñal de Esteiro queremos DENUNCIAR o que consideramos unha campaña
de persecución e desprestixio, orquestrada pola Concelleira de Servizos
Sociais, Dona Rosa Martínez Beceiro utilizando como pretexto o Comedor Social
Público de Esteiro.
Este ano á nosa
entidade lle foi retirado o Taller de Memoria, xa no pasado ano fora reducido á
metade e foi suplido con financiamento propio, que subvencionaba dita
Concellería, a pesar de que era no que máis xente participaba e de que existía
demanda para a súa continuidade. O Taller de Memoria se continúa impartido este ano con fondos
propios.
Con respecto ao
Comedor Social de Esteiro queremos dicir que foi unha decisión dun Goberno
Municipal, o anterior, o que atendendo as demandas nosas e da veciñanza de
Esteiro TOMOU A DECISIÓN de que fose no local da AV de Esteiro, que é un LOCAL
MUNICIPAL e por tanto público, onde se fose instalar dita infraestrutura.
Fixéronse, no
anterior mandato, obras no local ( pintado, alumeado, etc) mercouse un
lavalouzas, forno microondas, cadeiras, mesas e un moble mostrador,(onde se
garda a louza, cubertería, cristalería, manteis, panos de mesa, fontes , etc) .
Ese mostrador forma parte do Comedor Social e non é para montar un bar como
Dona Rosa Martínez se atreveu a afirmar, seguramente por descoñecemento e
desinterese, nunha Comisión de Servizos Sociais ( está recollido na acta).
Lembramos que cando se unificaron as dúas entidades veciñais de Esteiro o bar
que había nunha delas , desapareceu para que se puidese montar nese espazo o
Comedor Social. Por eso a AV de Esteiro non só non quere montar un bar, como
día Dona Rosa Martínez, senón que desfixo o que había.
Na obra do
Comedor Social, do anterior Goberno Municipal, quedou pendente adaptar a
entrada ao Local da AV de Esteiro, botar tarima flotante no solo e facer obra
de adaptación, para persoas con discapacidade, dun baño, quedando unha partida
orzamentada para ese menester.
Coa chegada de
Dona Rosa Martínez Beceiro á Concellería de Servizos Sociais o interese polo
Comedor Social de Esteiro caeu en picado. Non se puxo a funcionar a finais do
2011, tampouco no 2012 e parece que tampouco vai funcionar no 2013.
Na Asemblea de
Barrio celebrada hai máis de ano e medio no Salón de Actos da Universidade, non
se volveu a celebrar ningunha outra malia que tiña que haber catro cada ano, as
dúas propostas máis votadas foron:
A Escola
Infantil Pública de Esteiro e o Comedor Social de Esteiro.
Desde esta
Asociación demandamos reiteradamente a posta en funcionamento do Comedor Social
e foi a presión social a que levou a que este ano, no mes de setembro, se
fixesen as obras de adaptación da entrada ao noso local, pero xa se reduciu a
capacidade do Comedor Social de 40 persoas a 30 persoas, e non se botou a
tarima flotante no chan nin se cambiou unha fiestra que produce humidades e
friaxe. Malia todo o local está en condicións de que se poida poñer a funcionar
xa.
O mes pasado, o
día 15 de outubro, o Alcalde acompañado da Concelleira de Barrio e do
Concelleiro de Obras e Servizos, visitaron o local da AV de Esteiro, para ver o
espazo e as obras onde ía funcionar o Comedor Social, asumindo que era
necesario cambiar a fiestra, como nós demandabamos, e comprometéndose a
trasladarlle esa necesidade á Concelleira de Servizos Sociais. Ao día seguinte
os medios de comunicación recollen que se abre o prazo para inscribirse no
Comedor Social de Esteiro.
A partir dese
momento e , sen dirixirse nunca directamente á AV de Esteiro, comeza unha campaña
contra nós de desprestixio e de persecución , nos medios de comunicación, por
parte de Dona Rosa Martínez con falsas acusacións de non colaboración pola nosa parte.
Nos acusa de non
colaborar cando, desde o mes de maio non se puxo nunca en contacto con nós, nin
para dicirnos cando empezaban as obras, nin para dicirnos cando se abría o
prazo de inscrición, nin nos facilitou os impresos de inscrición, nin as
condicións para ter acceso ás prazas, nin sequera veu nunca ao noso local para
ver como ían as obras e como as remataron ( a pesar de que lle trasladamos que
tiñan deficiencias, como o Alcalde puido comprobar), como se pode ver total
falta de interese e desidia absoluta.
Na citada
Comisión de Servizos Sociais xa ameazou que “se lle daba a gaña non poñía a
funcionar o Comedor de Esteiro ou o poñía noutro sitio. E parece que eso é o
que vai facer segundo anuncia no día de hoxe aos medios de comunicación.
Pode alguén crer
que oito persoas lle manifesta a Dona Rosa Martínez, que queren inscribirse no
Comedor de Esteiro, pero que non queren ir ao local da AV de Esterio, que é un
LOCAL MUNICIPAL?
A Asociación
Veciñal de Esteiro, como o Concello non o facía, fixemos unha campaña
informativa de que o prazo para
inscribirse no Comedor Social de Esteiro estaba aberto: Notas de prensa,
comunicación a todos os socios e a todas as sociais, 300 cartaces en todo o
Barrio e tamén contamos coa colaboración da AHOBE que o puxo nos seus locais, e
eses cartaces os distribuímos a todas as entidades veciñais de Ferrol, cousa
que non fixo a Concellería de Servizos Sociais.
Tamén fixemos
obras complementarias do Comedor Social que nos supuxeron un gasto de 1500
euros, que pagamos nós.
Esa campaña
comeza a dar os seus froitos, durante toda esta semana viñeron persoas a buscar
as follas de inscrición á nosa entidade e nos próximos días, unha vez
cumprimentados todos os requisitos, os entregarán no Concello.
Ningunha desas persoas manifestou rexeitamento ao Comedor no Local da AV de Esteiro.
Ningunha desas persoas manifestou rexeitamento ao Comedor no Local da AV de Esteiro.
Por eso
DENUNCIAMOS que é unha campaña de desprestixio e de persecución a que a
Concelleira de Servizos Sociais ten emprendida contra a nosa entidade.
Estamos seguros
que vai facer o posible por que o Comedor Social non se instale no noso local e
que os cartos que o Concello leva gastado, non terán a utilidade para o que
foron investidos.
Señora Concelleira,
diga abertamente onde quere montar o Comedor Social e canto pensa gastar para
adaptar o novo local ?.
Vai ser nun
local Municipal ou nun local privado? .
Se neste momento
non hai o número de persoas inscritas, e pola falla de interese da Concelleira
de Servizos Sociais e pola súa incapacidade, na Asociación Veciñal de Esteiro
asumimos os erros que cometemos cada día no noso traballo, pero non toleramos
que se nos queira trasladar unha culpa que só é de Dona Rosa Martínez Beceiro.
DEMANDAMOS do
Alcalde de Ferrol que poña a funcionar de xeito inmediato o Comedor Social de
Esteiro e que desautorice o comportamento, para coa AV de Esteiro, da
Concelleira de Servizos Sociais, que leva desde o mes de maio sen falar coa
nosa entidade, nunha campaña de persecución que non entendemos , nin pensamos
que a nosa entidade, nin ningunha outra, mereza .
Na Asociación
Veciñal de Esteiro estamos dispostos a reunirnos con calquera concelleiro/a e
con calquera grupo municipal para calquera tema que resulte beneficioso para o
Barrio de Esteiro.
Na nosa entidade
e en todas as entidades de Ferrol o traballo das Xuntas Directivas é
vocacional, desinteresado, altruísta e GRATUÍTO, nos podemos equivocar e de
feito nos equivocamos, pero só nos move o interese polo noso Barrio e polas
persoas que nel viven e traballan.
Non imos tolerar
ningunha discriminación, persecución ou menosprezo de ningunha Administración
Pública e se este se producira o DENUNCIAREMOS.
A nosa entidade
é apartidista, non apolítica, e respecta a tódolos partidos políticos,
sindicatos e asociacións e RECLAMA o mesmo respecto para con nós.
Unha entidade
que inviste 1.500 euros nun Comedor Social, cando a cota dos asociados/as é 1
euro mensual, para suplir a falla de investimento do Concello, está apostando e
comprometéndose de xeito decidido con esa infraestrutura pública.
Non entendemos
nin está xustificada a persecución que a Concelleira de Servizos Sociais está a
facer coa AV de Esteiro.
Dona Rosa
Martínez Beceiro poderá poñer o Comedor Social onde lle dea a gaña, como dixo
na Comisión de Servizos Sociais, pero será unha decisión que non ten xustificación ningunha .
Ferrol a 23 de
novembro de 2013.
Xunta Directiva
da AV de Esteiro
0 comentarios:
Postar um comentário