Quen somos?

Foi constituída a primeira Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro logo de celebrarse a Asemblea Xeral o día 14 de xaneiro do 2010. Desde ese momento as entidades de Fontelonga e Concepción Arenal quedan disoltas e todo o seu patrimonio, logo de ser liquidadas polas correspondentes Xunta Liquidadoras nomeadas segundo os respectivos estatutos a tal efecto, pasan a incorporarse á novo entidade creada.


O primeiro presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, será : Xosé Miguel López Pérez, Vicepresidente, José Manuel López Pita, Tesoureiro; Juan Carlos Aneiros Rico, Secretario: Antonio Rios Rodriguez, Vicesecretario: Juan Cervantes González e como vogais: Vicente Aneiros López, Dolores Alonso Trasancos, Francisco Fernández Rey, Xesús Manuel Díaz Suarez e Fernando Naveiras Freire.

Entre os obxectivos que se marca a Xunta Directiva:

  • Construcción dunha Escola Infantil Pública en Esteiro.
  • Centro Cívico Municipal na antiga Panadería dos Irmán Bellón na Rúa San Carlos.
  • Plan Especial para as rúas Fernando VI, Carlos III e transversais, incluíndo a Praza de Ferrándiz.
  • Promover a desafectación do Cuartel de Dolores, Residencia do Coronel do Tercio, Residencia de Oficiais e Parcela do Antigo Invifás( na Avenida de Esteiro) para dedicalos a usos universitarios, que permitan cumprir as necesidades e compromisos que require a implantación do Plan Bolonia.
  • Urbanización das Prazas da Paz " José Couso Permuy" e da das " Vítimas do 11M".
  • Maior control sobre as ordenanzas de Tráfico, Urbanismo, Recollida de Lixo e de Cans.
  • Deuse conta dos compromisos do Concello de Ferrol de executar no 2010 as seguintes obras:
  • Dentro do Segundo Plan E: Urbanización da Praza de Álvaro Cunqueiro e asfaltado da Rúa Álvaro Cunqueiro.
  • Colocación de tres fontes de pedra das retiradas da Praza de España na rúa Fernando VI nos Bloques I, II e III.
  • Humanización da Rúa Taxonera entre ás rúas Espoz y Mina e Españoleto, convertíndoas nunha prolongación do Cantón.
  • Construcción dun Parque Biosaudable na Praza de Antolín López Porta.
  • Construcción do Primeiro PIPI-Can de Ferrol na rúa Eduardo Pondal.

Algúns destes compromisos foron comunicados polo Concelleiro de Urbanismo, D. Angel Mato, que onte mantivo unha breve xuntanza coa Xunta Directiva e que na vindeira semana terá unha nova xuntanza con nós para abordar outros temas como o : Estado de abandono e as medidas urxentes a tomar coas vivendas abandonadas e en estado de ruína que hai nas Rúas Carlos III, Fernando VI e Lugo.

Ferrol a 19 de xaneiro de 2010