O Barrio

O barrio de Esteiro é un dos barrios máis vellos da cidade de Ferrol, cidade vinculada coa construcción naval. A construción do Real Estaleiro de Esteiro iniciouse coa orde de execución do 9 de abril de 1749 polo rei Fernando VIN e segundo a decisión do Marqués da Ensenada, Secretario de Mariña, Facenda e Indias para o emprazamento e instalacións navais de maior envergadura na Vila de Ferrol. A construción inicial estivo dirixida por Cosme Álvarez, Comandante Xeral do Departamento. Localizouse na ladeira noroeste do monte Esteiro nas inmediacións de Ferrol.


Nun principio, proxectouse para que tivese catro bancadas, aínda que finalmente ampliouse ata doce bancadas en total, proporcionais á pendente do monte. Á súa vez, tiveron que ser construídos os diferentes edificios para albergar cuarteis, talleres e almacéns.

Na época de maior actividade e por orde do Marqués da Ensenada, datada o 15 de xullo de 1752, poríase en construción simultánea a posta en quilla de doce navíos de liña coñecidos popularmente pola serie dos "Doce Apóstolos ou Apostolado" cun número de canóns que variaba entre 68 e 74 canóns. Este proxecto aumentou en gran medida a actividade industrial do estaleiro e das obras do arsenal, o que trouxo consigo un incremento na economía local e nos residentes da poboación, elevándose o número de habitantes chegados para traballar en diversos oficios necesarios para tal proxecto.

No barrio de Esteiro construironse 6 rúas para que deran vivenda a isa poboación crecente da cidade, e así naceu o barrio de Esteiro. A día de hoxe aínda quedan tres destas rúas en pé.


A día de hoxe estáse a rehabilitar edificios da parte vella do barrio, un exemplo claro é a Biblioteca da Universidade que ocupa a antiga casa do Patín.

E por outro lado, temos a parte do barrio novo con grandes edificios e avenidas como a que leva por nome o propio nome do barrio, Avenida de Esteiro.