Faite soci@

Veciñas e veciños de Esteiro: Como sabedes xa temos unha Asociación Veciñal única, máis forte, máis numerosa e máis integrada no barrio.

Esta Asociación, desde a nosa independencia de calquera partido político, ten un único interese: A defensa de Esteiro e a consecución das infraestruturas básicas necesarias e a mellora da calidade de vida dos seus habitantes e dos que desenvolven a súa actividade comercial no noso barrio.

Esteiro, aínda sendo un dos mellores barrios da cidade, en canto a dotacións, ten carencias que temos que conseguir arranxar entre toda a veciñanza:

  • Unha Escola Infantil Pública ( Gardería ).
  • Un Centro Cívico-Cultural Municipal na rúa Carlos III, na antiga Panadería “Irmáns Bellón”.
  • Ampliación da Universidade, para ter un Campus único en Ferrol, desafectando as instalacións de Defensa en Esteiro.
  • Plan Especial para a Rehabilitación do Esteiro Antigo, incluída a Praza de Ferrándiz.
  • Creación dun Comedor Social de 40 prazas, no local da Asociación, de luns a sábado para persoas que viven soas e para persoas de baixos recursos.
  • Incremento do control, por parte da Policía Local, para garantir o cumprimento da Normativa de Tráfico.
  • Potenciar a participación nos procesos participativos impulsados polo Concello de Ferrol.
  • Colaborar de maneira activa en impulsar a creación dunha Asociación de Hostalería de Esteiro e outra de Comerciantes de Esteiro.

Ademais de ter actividades como: Noite Meiga de San Xoán, Ciclos de Cine, Conferencias, proxectos de recuperación da memoria oral e gráfica do Barrio, Excursións, Cursos Diversos ( Palillar , Corte e Confección, Punto Canario, Bordado á Má, etc.). Temos previsto botara a andar unha aula de informática e realizar cursos de informática básica ( principalmente dirixidos a persoas maiores).

Dispoñemos dun salón de actos para 60 persoas que poden utilizar asociacións, comunidades etc.

Non podemos facer nada de todo isto sen a túa participación e a túa colaboración coa única Asociación Veciñal de Esteiro.

Por iso che SOLICITAMOS : Faite Socia/o.

  
___________________________________________________________________

Dona/don:_____________________________________________________

Enderezo:______________________________________________________

Número de Conta: DNI:_________________

Teléfono: Correo Electrónico:____________________

Cota Semestral: 6 Euros Cota Anual: 12 Euros.

ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO, Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.

Correo electrónico: avesteiro@galicia.com. Teléfono. 981933223.