SOLICITADA XUNTANZA URXENTE CO ALCALDE DE FERROL

9 de dez. de 2013

A Asociación Veciñal de Esteiro vimos de rexistrar no Concello de Ferrol unha SOLICITUDE URXENTE de entrevista co Alcalde de Ferrol para falar do Bloqueo ao que, a Concelleira de Servizos Sociais, ten sometido o Comedor Senior do Barrio de Esteiro.

Tamén SOLICITAMOS  a convocatoria URXENTE da Asemblea de Barrio de Esteiro que, desde a súa constitución en Abril do 2012, non se voltou a convocar a pesar de que o Regulamento de Participación Cidadá establece convocatorias cada TRES MESES,  e, cando se tiñan que ter celebrado 7 Asembleas, non se ten celebrado ningunha. Queremos lembrar que en Abril do 2014 xa é preciso RENOVAR os cargos electos na Asemblea do Barrio de Esteiro, dos que non sabemos cal foi o seu traballo nestes 20 meses, nin que propostas defenderon, xa que non deron contas do seu traballo a ninguén. Queremos lembrar que unha das propostas máis votadas na Asemblea do Barrio de Esteiro foi a do COMEDOR SOCIAL NO LOCAL DA AV DE ESTEIRO e esta infraestructura segue sen comezar a funcionar e os representantes na Asemblea de Barrio, dan a calada por resposta.

É competencia das Asembleas de Barrio: Participar na toma de decisión sobre as actuacións e investimentos que o Concello realice, neste caso, no Barrio de Esteiro.Non se está a facer no caso de Esteiro nin tampouco no resto dos Barrios e se opta polo chamado PLAN DE BARRIOS, que nin se falou, nin se consensuou con ninguén e que en Esteiro logo de ir no II Plan de Barrios estamos como se amosa no albúm fotográfico que enviamos a continuación e que é so unha pequena mostra do que sucede e que se podería  ilustrar con moitos albumes fotográficos.


Segue sen haber, a pesar de que figuraba no contrato con Misturas, un teléfono para que as persoas poidan denunciar as deficiencias que hai na cidade, que non son poucas


0 comentarios:

Postar um comentário