Tanque de Tormentas no Parque Pablo Iglesias de Esteiro

3 de jul. de 2013

 Tanque de Tormentas de Esteiro

Na Xuntanza mantida, ao longo de dúas horas e media, no día de onte,2 de xullo, no Concello de Ferrol e que fora solicitada pola Asociación Veciñal de Esteiro, que estivo presidida por Martina Aneiros e contou coa asistencia dos Técnicos de Acuanorte, un Técnico de Urbanismo do Concello de Ferrol  a Asociación de Veciños " El Pilar" e a Asociación Veciñal de Esteiro , se trasladaron por parte nosa varias propostas, algunhas das que contaban co respaldo do Técnico Municipal de Urbanismo de Ferrol, propostas que basicamente eran:
  • Non dar comenzo ás obras ata que houbese un acordo de mínimos , que, desde o noso punto de vista, se produciu nesa xuntanza.
  • Trasladar o actual Parque de Xogos Infantís e facer outro máis antes do comezo das obras, que logo sería traslado ao espazo que ocupa na actualidade o existente, foi aceptado nesa Xuntanza.
  • Replantar as especies arbóreas afectadas pola obra. Foi aceptado.
  • Facer as obras no mínimo tempo posíble. Existe unha intención clara de que eso se faga así e ademais o xeito de construcción que se vai utilizar, primeiro consolida o perímetro do Tanque e logo procede ao seu vaciado co que as molestias para veciños e usuarios do Parque quedan minimizadas.
  • Soterrar o Tanque de Tormentas e cubrilo cun manto vexetal que permita a plantación de céspede e arbustos.Foi aceptada.
  • Rebaixar a altura da caseta de bombeo, de 15x15 mts e integrala o máximo posible no entorno con vexetación. Existe o compromiso da empresa de facelo así e foi aceptada, polo tanto, esa proposta.
  • Emitir, por parte da empresa promotora e constructora, as certificacións oportunas que GARANTAN, que non se van producir nin olores nin ruído como consecuencia da caseta de bombas. Foi aceptada a proposta.
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro tamén trasladamos a nosa queixa polo oscurantismo con que a Administración Pública en xeral oculta á cidadanía proxectos que deberían coñecer para, se fose o caso alegar ou propor moficacións. Recriminamos que o Goberno Municipal non fixese, logo dos informes dos Técnicos Municipais, alegacións para que tódolos Tanques de Tormentas foran completamente soterrados e de menor tamaño.

Tamén trasladamos a nosa total oposición a que a Xestión da Rede de Saneamento Pública se privatice unha vez construida e cando entre en funcionamento a depuradora de Caneliñas.

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro con os acordos acadados nesa Xuntanza CONSIDERAMOS que a proxecto do Tanque de Tormentas do Parque de Pablo Iglesias de Esteiro, coas moitas melloras introducidas, queda, pola nosa parte, desbloqueado e solucionado e nos manteremos vixiantes para que os acordos se cumplan na súa totalidade.
Queremos lembrar que esa infraestrutura pública forma parte do proxecto de saneamento da Ría de Ferrol, que é tan necesaria e que vai permitir incrementar o número de postos de traballo na pesca e marisqueo na Ría de Ferrol e que a obra xa está adxudicada.
Esta infraestrutura pública vai solucionar os continuos problemas de trafico que se producen na Trincheira e na Avenida de Esteiro , diante do edificio do Gusano, cada vez que hai fortes choivas por mor do asulagamento das mesmas.
Nesa xuntanza tamén foi desmentido por parte do Equipo Técnico de Acuanorte, que a estrada da Trincheira e a Avenida de Esteiro fosen ser levantadas para reparar o colector xeral de Ferrol. NON SE VAI LEVANTAR A AVENIDA DE ESTEIRO .
Xunta Directiva da AV de Esteiro

0 comentarios:

Postar um comentário