APARCAMENTO EXPRES
18 de mai. de 2013
APARCAMENTO EXPRES
A Asociación Veciñal de Esteiro DEMANDAMOS do
Concello de Ferrol a vixiancia da Zona Azul para posibilitar a rotación no
aparcamento e permitir que a actividade comercial do Barrio conte con unha
ferramenta necesaria para poder desenvolver a súa actividade.
Durante o tempo que en Esteiro funcionaron as máis de 300 prazas de Zona Azul, foi un rotundo éxito
Queremos lembrar
que a decisión de ampliar a zona azul en Esteiro foi tomada
pola Comisión de Tráfico do Concello de Ferrol no ano 2009, sendo
responsable da mesma D. Gerardo López Castrillón ( por acordo unánime dos cinco
grupos municipais) recollendo a opinión a AV de Esteiro e, sobre todo, de
moitos comerciantes e hostaleiro do Barrio.
Durante o tempo que estivo funcionando a zona azul,
nesta Asociación
recibimos chamadas e correos electrónicos de particulares e sobre todo de
comerciantes agradecéndonos a implantación da zona azul e mesmo ofrecéndose a
recoller sinaturas de apoio á mesma entre os veciños e comerciantes de Esteiro.
Os comerciantes e hostaleiros do Barrio
comprobaron como a medida, que era absolutamente necesaria, lles estaba
favorecendo e non prexudicaba a ningún veciño nin a ningún comerciante nin a
ningún veciño.
Demandamos do Concello de Ferrol, que se dean as
oportunas instrucións á Policía Local, para se cumpra o tempo de
estacionamento limitado en Zona Azul. Neste momento a vixilancia non é a
desexable o que fai que algúns conductores fagan trampa co disco de
estacionamento.
Consideramos absolutamente necesaria unha maior
presenza da Policía Local para facer cumprir as normativas municipais, tanto de
Tráfico, como de Urbanismo, Tenza de Animais Domésticos, Ocupación de Espazo
Público, Recollida de Lixo, etc.
Tódolos días podemos ver coches estacionados,
indebidamente, nas esquinas, nas beirarrúas, nos pasos de peóns e mesmo en zona
verde.
Demandamos, que se faga un pintado horizontal en
todo Esteiro, sinalando o espazo que ten que ocupar cada coche . Segundo un
estudio feito pola propia Asociación veciñal se gañarían 350 novas prazas de
aparcamento e que se repoña a sinalización horizontal e vertical.
Tamén vimos demandando pasos de
peóns elevados na Avenida de Esteiro, de Vigo e na de Mac Mahón para evitar as
excesivas velocidades en zonas onde se atopan colexios e institutos.
Todas estas demandas xa as trasladamos a o
Concelleiro de Seguridade e Tráfico, D. Pablo Cal, o pasado mes de marzo onde
xa lle manifestamos a nosa oposición total ao que el chama APARCAMENTO EXPRESS.
Por último decir que a Asociación Veciñal de
Esteiro, desde sempre, nos opoñemos á implantación de calquera sistema
de pago por aparcar en superficie e moito máis neste momento de crise
económica polo que REITERAMOS o noso apoio á Zona Azul e DEMANDAMOS que se
cumpra o acordado polo Concello de Ferrol de xeito unánime
Ferrol a 10 de maio de 2013.
0 comentarios:
Postar um comentário