I Mercado Mariñeiro de Esteiro
31 de mai. de 2013
Entre o 21 e 24 de Xuño se celebrará en Esteiro o I Mercado Mariñeiro , organizado pola Concellería de Festas do Concello de Ferrol a empresa Espectáculos Tukán e a Asociación Veciñal de Esteiro.
Estará situado na Avenida de Esteiro, desde a Igrexa das Angustias, agardamos que un número importante de artesáns participe e consigamos que Esteiro estea ateigado de veciños, veciñas e visitantes e que o comercio e a hostalería do Barrio, vexan a súa actividade incrementada.
Paralelamente ao Mercado Mariñeiro haberá outro tipo de actuacións musicais e o domingo 23 teremos o día grande do Barrio coa Noite Meiga de San Xoán a centenaria Fogueira de Esteiro , acompañada dun espectáculo de Fogos de Cores, da Pirotecnia Millarengo, e unha gran verbena, amenizada polo Grupo Verde Menta.
0 comentarios:
Postar um comentário