Instalación de terrazas na Rúa Par de Baixo

4 de ago. de 2011

http://www.tvferrol.es/es/noticia.php?n=801

Diante da decisión do Concello de Ferrol de pechar ó tráfico a Rúa Par de Baixo no mes de agosto para permitir a instalación, por parte da hostalería, de terrazas, a AV de Esteiro  MANIFESTAMOS:

Non temos nada que opoñer a que se faga peonil a rúa Par de Baixo (mal chamada Pardo Baixo) durante o mes de agosto, agás que haberá que buscar outra alternativa para virar desde a Praza do Callao a Esteiro xa que esta medida obriga a ir ata a rúa Españoleto, especialmente esta fin de semana que por mor das festas e da feira medieval moitos vehículos escollerán Esteiro como zona de aparcamento.

O que sí nos prantexamos é a seguinte pregunta: Se o centro da rúa Par de Baixo se ocupa con terrazas e parasoles e as estreitas beirarrúas están cheas de bocois de viño para os fumadores, por onde haberán de circular os peóns?.

Vaise vixiar que o ruído das terrazas non moleste o descanso, ó que teñen dereito, os veciños desa rúa ?.



Outro tanto ocorre na rúa María.

(Esta é a nota literal que se enviou ós medios de comunicación)




Foto Publicada no Diario de Ferrol 5/8/2011



http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/25329-ferrol-noticia

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/08/05/0003_201108F5C3994.htm.

Na nota de La Voz de Galicia, non se aclara que a AV de Esteiro non está en contra de que se peche, durante o mes de agosto, a rúa Par de Baixo e que o que pedimos é que se vixíe o nivel de ruído, provocado polas terrazas, pola noite

0 comentarios:

Postar um comentário