A Asociación Veciñal de Esteiro formará parte do Xurado do Premio Solidario
Acta do Reunión para decisión dos 3 membros do Consello Social que formarán parte do Premio Solidario
Convocouse a reunión, que tivo lugar no Salón de actos da Casa Solidaria o martes 28 de xuño de 2011, ás 12:00 horas. Coa asistencia dos seguintes representantes:
Jorge Pousa Rodríguez, en representación de Cáritas
Jesús Iglesias Vázquez, en representación de Dignidad
Juan Cervantes González, en representación de la Asociación Veciñal de Esteiro
Rosa Mª Martínez Beceiro, Concejala Delegada de Benestar Social
Ana Conchado Puente, técnica da Área de Solidariedade do Concello de Ferrol.
Punto da Orde do día que foi tratado:
1º Elección das tres entidades que formarán parte do xurado do Premio Solidario
2º Rogos e preguntas.
Reunidos os representantes de Cáritas, Dignidad, Asociación Veciñal de Esteiro, a Técnica do Área de Solidariedade e a concelleira delegada de Benestar Social, se acorda que os tres representantes das Entidades que viñeron para formar parte do xurado quedan elexidos como tal, neste ano 2011; ademáis do/a representante de AFAES que xa lle corresponde por ser a entidade gañadora no ano anterior.
Se fai o reparto dos proxectos presentados, das bases da convocatoria, e do cadro de valoración. Quédase en que o fallo do Premio será o día 15 de xullo na Sala de Comisións do Concello as 12.00 h
Sen máis asuntos que tratar, levantase á reunión ás 12:30h.
0 comentarios:
Postar um comentário