A fogueira centenaria de Esteiro volverá a arder o xoves 23 de xuño e haberá unha GRAN SARDIÑADA
16 de jun. de 2011
O novo Goberno Municipal de Ferrol mantén o compromiso de Fogueira Institucional de Ferrol a que se celebra no Cadro de Esteiro desde hai máis de 100 anos , agora organizada pola AV de Esteiro, e que se inclúe no programa de Festas da Cidade, segundo nos foi confirmado polo Alcalde da cidade e a concelleira de Cultura, Turismo e Festas.
A concelleira de Cultura e festas, Dona Susana Martínez Galdós, sera a encargada de ler o pregón do acto ás 21:30 horas e o Alcalde da Cidade, D. José Manuel Rey Varela será o que faga o acendido da fogueira ás 11 da noite do día 23 de Xuño.
Ademais o Alcalde da Cidade e outros membro do Goberno Municipal visitarán o Cuartel de Dolores e o Conxunto Monumental de Fontelonga onde farán unha visita guiada acompañados polo Coronel do Tercio Norte, D Ramón Piñeiro Lemos e polo Comandante D. Andrés Rodriguez Tizón.
Durante todo o día 23 de Xuño poderán facerse visitas, todolos cidadáns que o desexen, ó Cuartel de Dolores e ó Conxunto Monumental de Fontelonga.
Tamén a Concellería de Cultura comprometeuse a que o Tren Turístico do Concello, entre ás 18 e 21 horas, facerá percorridos polo Barrio de Esteiro chegando ó Cuartel de Dolores.
A tódolos actos que se celebra a AV de Esteiro queremos convidar ó conxunto da Corporación Municipal sen excepcións e a toda a cidadanía. É preciso lembrar que fogueira de Esteiro ten máis de 100 anos.
Desde ás 20 horas: SARDIÑADA baixo unha carpa.
Ademais dos actos que promove o Concello de Ferrol, a AV de Esteiro, de maneira independente, temos organizada unha Sardiñada no Cadro de Esteiro que comezará ás 20 horas, amenizada polo grupo folkclorico Berros do Castro e onde temos previsto que se distibuan 1500 racións de 3 sardiñas, acompañadas de pan e viño, o prezo de 1 Euro cada ración.
Sen a colaboración do Concello de Ferrol e sen o traballo de máis de 30 persoas da AV de Esteiro, non sería posible que as máis de 5000 persoas que , como cada ano, acudirán ó Cuadro de Esteiro desde todo Ferrol, poidesen disfrutar dunha xornada de ledicia.
Tamén é preciso agradecer a colaboración das empresas Aginsu e Lajo e Rodriguez
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro
Sen a colaboración do Concello de Ferrol e sen o traballo de máis de 30 persoas da AV de Esteiro, non sería posible que as máis de 5000 persoas que , como cada ano, acudirán ó Cuadro de Esteiro desde todo Ferrol, poidesen disfrutar dunha xornada de ledicia.
Tamén é preciso agradecer a colaboración das empresas Aginsu e Lajo e Rodriguez
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro
0 comentarios:
Postar um comentário