Escrito dirixido ó Concelleiro responsable de Tráfico

16 de ago. de 2011

Desde a AV de Esteiro foille enviado ó Concelleiro de Tráfico; D.Pablo Cal, con copia a Guillermo Evia, concelleiro de Urbanismo e a Martina Aneiros (Responsable municipal para o barrio de Esteiro). Tamén lle foi remitido ós grupos municipais de Ferrol o seguinte escrito:

Desde a AV de Esteiro queremos lembrarlle que existe un compromiso, establecido polo anterior Goberno Municipal e os responsables da Policía Local a demanda da nosa entidade e das Asociacións de Discapacitados do Barrio de Esteiro, de que unha patrulla da Policía Local teña presenza no Barrio de Esteiro, pola mañá e pola tarde, para garantir que se cumplan as diferentes ordenanzas municipais, especialmente a de Tráfico.

Como esto non se está cumprindo podemos ver colectores de lixo cheos a calquera hora do día, os cans facendo as súas grazas en calquera sitio sen que os donos cumpran coas súas obrigas e sen que ninguén lle las faga cumprir.

Podemos ver os establecementos de hostalería ocupando , coas terrazas,máis espazo do autorizado, non cumprindo coa obriga de utilizar un mobiliario e parasoles axeitados á ordenanza municipal que os regula e , sobre todo, podemos ver como a zona azul non cumpre a sùa función por mor da ausencia da Policía Local.

Co peche da rúa Par de Baixo ó tráfico, para permitir a colocación de terrazas durante o mes de agosto, podemos ver máis coches mal estacionados na Praza das Angustias, sobre a beirarrúa e o xardín, e a ocupación continua da zona peonil da Alameda do Canton polos coches.

A todo esto temos que sumarlle as rúas Carlos III, travesía de Moreno e Adán y Eva, Praza da Paz, Rúa San José, Soto, Pascual Veiga, doble fila permanente na Avenida de Esteiro, Praza de Álvaro Cunqueiro, etc, etc.

Por eso demandamos que se retome o compromiso establecido.

Somos conscientes que hai Policía Local de vacacións, pero eso non pode xustificar a ausencia total da Policía Local no Barrio de Esteiro.

Hoxe xa comeza a traballar Bazán co que a situación aínda se vai agravar máis.
 
Xunta Directiva da AV de Esteiro
 
 
 
 

1 comentarios:

Anônimo disse...

Coincido con ustedes en la protesta sobre las terrazas de los bares en Esteiro. Estoy de acuerdo que se pongan terrazas y que los hosteleros puedas mejorar sus ingresos, pero no estoy de acuerdo en que, especialmente las de la Avenida de Esteiro, ocupen toda la acera llegando hasta el carril bici. La Normativa Municipal sólo permite que ocupen el frente de su establecimiento y, como máximo, 1/3 del ancho de la acera.
Pasen por la Avenida de Esteiro y comprueben si esto se cumple.
La Policía Local?, seguramente andarán vestidos de romanos haciendo el tonto o metidos en las cafeterías( Bar O Choyo, Agarimo, etc).
Terrazas sí, pero no así

Postar um comentário