San Xoán 2011

2 de jun. de 2011

Noite meiga de San Xoán 2011.





Xa estamos organizando, como vimos facendo desde hai 10 anos, a Noite Meiga de San Xoán e a fogueira do Cadro de Esteiro, declarada oficialmente polo Concello de Ferrol no ano 2008 como Fogueira institucional de Ferrol.

Será, como sempre, o 23 de xuño


  • Haberá unha carpa no Cadro de Esteiro con actuacións musicais.
  •  
  • Actuará o Grupo Os Zares con música dos anos 70 e 80.
  •  A Concelleira/o de Festas da Corporación que toma posesíón o día 11 de xuño lerá o pregón e o novo alcalde D. José Manuel Rey Varela, foi convidado para acender a fogueira.
  •  Acturá tamén o grupo de música tradicional "Berros do Castro".
  • Poderá visitarse durante todo o día o Conxunto Monumental de Fontelonga e o Cuartel de Dolores.


 E por suposto haberá Sardiñas, Pan e Viño a prezos absolutamente populares.

Non faltará a Pirotecnia de Manolo Millarengo que, como tódolos anos, fará un espectáculo de fogos de cores.


Faremos unha visita guiada polo barrio e temos solicitado que o tren turístico do Concello faga percorridos guiados polo Barrio de Esteiro rematando no Cuartel de Dolores.
  

Tamén se verán afectados pola crise os actos do San Xoán, pero tentaremos que se poida pasar unha noite agradable, festiva e mantendo as nosas tradicións.

Solicitamos a colaboración dos establecementos de hostalería do barrio para a celebración destes actos.


Faite socio/a da AV de Esteiro. Necesitámoste!












0 comentarios:

Postar um comentário