Obras en diferentes puntos de Esteiro

2 de jun. de 2011

Estanse a realizar diferentes obras de reparación e reposición por parte da Concellería de Obras en diferentes puntos do Barrio de Esteiro que obedecen a demandas realizadas no seu día pola AV de Esteiro.
  • Reparación de Beirarrúas en Avenida de Esteiro, Españoleto, Praza do Himno Galego ( onde se fixo unha reparación na beirarrúa que fora danada por unha obras na comunidade Lembranza ), San Amaro, Espoz y Mina, Vázquez Cabrera, Antelo, Mendizábal e varias máis.
  • Colocación de bolardos na Rúa Españoleto.
  • Eliminación de barreiras arquitectónicas na Praza de Igresia Parga, fronte a antiga Caixa Nova, na confluencia de Españoleto e Pascual Veiga.
  • Asfaltado do cruzameto das rúas Mac Mahón e Caranza coa Avenida de Vigo.

0 comentarios:

Postar um comentário