Demandas da AV de Esteiro para o Plan Urban
8 de mai. de 2011
A Asociación Veciñal de Esteiro vimos de solicitar, a través do Rexistro Municipal, a nosa inclusión na Comisión de Participación do Plan Urban e de que con cargo ó mesmo se actúe sobre as rúas Lugo, San José, Espoz y Mina e sobre a Praza da Paz " José Couso Permuy"
Esta foi a proposta rexistrada:
De: Asociación Veciñal de Esteiro.
Para: Concellería de Urbanismo de Ferrol.
Asunto: Proposta de actuación en Esteiro con cargo ó Plan Urban.
No Plan Especial da Magdalena e no Acordo entre o Concello de Ferrol e o IGVS, está incluída unha parte do Barrio de Esteiro: O espazo existente entre as Rúas San Amaro, Avenida de Esteiro, Praza das Angustias, Rúa do Carme e Praza do Callao, que non pertencen ó Barrio da Magdalena senón o de Esteiro.
Este mesmo espazo se recolle no “ Proxecto para a rexeneración urbana dos barrios históricos de orixe da cidade marítima de Ferrol” máis coñecido como Plan Urban 2007-2013.
Nunca a nosa asociación foi convidada a formar parte dos organismos de participación cidadá previstos no Plan Urban, a pesar de ser obxecto o noso barrio de actuación do mesmo e a pesar de ser a nosa Asociación unha das asociacións máis dinámicas e reivindicativas da cidade e que ten amosado o seu compromiso, cando foi requirida, coa participación cidadá e a colaboración coas diferentes corporacións municipais.
Nas actuacións efectuadas con cargo ó convenio co IGVS, nunca se tivo en conta o de realizar algún proxecto nese espazo e mesmo cando se fixo unha actuación na Rúa Lugo ( unha das comprendidas nese espazo) so se fixo ata a Praza do Callao sen darlle continuidade ata a Igrexa das Angustias.
Polo exposto DEMANDAMOS do Concello de Ferrol que con cargo ó orzamento do Plan Urban se urbanicen a Rúa Lugo ata a Praza do Callao ( unificando o pavimento de toda ela e mesmo recuperando as beirarrúas de cantería), a Rúa San José, Espoz y Mina e tamén a Praza da Paz “ José Couso Permuy”, todas elas comprendidas no Plano de actuación do Plan Urban e dado que o Barrio de Esteiro tamén é un dos barrio de orixe da cidade, mesmo antes que o Barrio da Magdalena.
O mesmo tempo solicitamos que se incorpore á AV de Esteiro nos organismos de participación cidadá contemplados no Plan Urban en pé de igualdade con outras asociacións veciñais doutros barrios afectados polo Plan Urban.
Ferrol a 5 de Maio de 2010.
0 comentarios:
Postar um comentário