Novo Ciclo de Cine nos Duplex

30 de abr de 2011

A Asociación Veciñal de Esteiro continuamos cada xoves do mes de Maio proxectando nos cines Duplex ás 20:30 horas cine italiano , a próxima será o xoves 5 de Maio  e será a película: Il Gattopardo

DIRECTOR: Luchino Visconti



GUIÓN :Suso Cecchi d'Amico, Pasquale Festa Campanile, Massimo Franciosa, Enrico Medioli, Luchino Visconti.
MÚSICA: Nino Rota.
FOTOGRAFÍA : Giuseppe Rotunno.
REPARTO: Burt Lancaster, Claudia Cardinale, Alain Delon, Paolo Stoppa, Rina Morelli, Romolo Valli, Terence Hill, Pierre Clémenti, Lucilla Morlacchi, Giuliano Gemma, Ida Galli, Ottavia Piccolo.
PRODUCTORA Productor: Goffredo Lombardo.
PREMIOS 1963: Nominada ó Oscar: Mellor vestiario.
1963: Festival de Cannes, Palma de Ouro.
XÉNERO :Drama ,Século  XIX. Histórico


SINOPSE Película baseada na novela homónima de Giuseppe Tomasi di Lampedusa (1958). É a época da unificación de Italia en torno ó Piamonte. A acción  desenvólvese en Palermo e os protagonistas son Don Fabrizio, Príncipe de Salina, e a súa familia, que ve alterada a súa vida  tras a invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi (1860). Para alonxarse dos disturbios, a familia  refúxiase na casa de campo que posúe en Donnafugata. Ata o lugar desprazanse, ademais da mujer do Príncipe e os seus tres fillos, o xove Tancredi, o sobriño preferido de Don Fabrizio, que parece simpatizar co movemento liberal de unificación .






0 comentarios:

Postar um comentário