Aí ven o Apalpador

21 de dez. de 2010




A Asociación Veciñal de Esteiro, a Fundaçom Artabria e a Concellería de Cultura de Ferrol, un ano máis, tentamos recuperar a figura do Apalpador.

O Martes día 21 de decembro ás 19:30 horas no local da AV de Esteiro, haberá un obradoiro para facer xoguetes e o mércores día 22 de decembro ás 19:30 horas no local de Artabria tamén haberá un obradoiro de xoguetes.

O xoves 30 de decembro  O Apalpador sairá ás 17 horas do local da AV de Esteiro acompañado duns trasnos e percorrerá as rúas do Barrio para logo pasar polo Cantón e rematar na Praza de Armas.

Facemos un chamamento ós rapaces e rapazas do Barrio de Esteiro a que participen no obradoiro e a que acompañen ó Apalpador.

0 comentarios:

Postar um comentário