Noite de cine en Esteiro

16 de jul. de 2010

Venres 30 de xullo ás 22 horas na Praza do Himno Galego, proxección da película " Los girasoles ciegos".

No caso de choiva farase no Pavillón de Deportes do Colexio Público de Esteiro.

Ficha Técnica:

Ano: 2.008   Nacionalidade : Española  Xénero: Memoria Histórica
Duración:101 Distribuidora: Baños Filmes
Director: José Luis Cuerda .
Intérpretes : Maribel Verdú, Javier Cámara, Raúl Arévalo, José Anxo Egido.



Palmarés: Gañadora do Goya ao mellor guión adaptado.
CUALIFICACIÓN: N.R.M. 13 ANOS .
Sinopse:  Baseada na novela de Alberto Méndez.


Cando “Los girasoles ciegos” de Alberto Méndez (Anagrama) levaba xa 24 edicións, chegou esta versión cinematográfica do cineasta fincado en Ourense José Luís Cuerda, que recrea dous dos relatos do best seller español homónimo. Javier Cámara interpreta ao antifranquista que, trala Guerra Civil, vese obrigado a agacharse no piso da súa muller (Maribel Verdú), por quen empezará a suspirar, algo mais que espiritualmente, un novo diácono recentemente chegado a ese Ourense de 1940.

0 comentarios:

Postar um comentário