Ferrol destina 70.000 euros a proxectos culturais entre as asociacións veciñais

26 de jul. de 2010

 Sábado, 24 de Julio de 2010

Diario de Ferrol  redacción > ferrol

O Concello abriu o prazo para que as entidades veciñais e culturais de Ferrol presenten os seus proxectos ás subvencións para a promoción e fomento da actividade cultural.

Acto da AV de Esteiro, na mesa de esquerda a dereita:
Xosé Miguel López, Antonio Ríos e José Manuel López.


Así, a concelleira de Cultura, Educación e Campus, Mercedes Carbajales, destinará 70.000 euros para contribuír ao desenvolvemento de accións e proxectos impulsados polo movemento asociativo veciñal e cultural de Ferrol nesta materia. Os interesados en optar ás achegas xa poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello e as bases da convocatoria están á súa disposición na páxina web municipal www.ferrol.es, na sección Taboleiro de Anuncios.


Dúas liñas > Mercedes Carbajales explicou que o Concello destinará por unha banda 45.000 euros ao financiamento de proxectos asinados por entidades culturais, e por outra 25.000 euros a aqueles promovidos polas asociacións culturais. En ambos casos, o importe máximo da subvención será de 12.000 euros en total e, con carácter xeral, o importe da subvención solicitada se situará entre o 20% e o 80% do orzamento de gastos. Así mesmo, a actividade ou investimento deberá contar cun financiamento propio da entidade de, como mínimo, o 10% do seu importe.

Doutra banda, o solicitante está obrigado a ter os seus datos actualizados no Rexistro Municipal de Entidades e os seus estatutos adaptados á Lei reguladora do Dereito de Asociación.

Con esta convocatoria, a Concellería de Cultura anuncia que quere contribuír a promover a difusión e posta en valor de todas as manifestacións da cultura galega en xeral e da ferrolá en particular.

Así mesmo, e segundo consta nas bases, o departamento municipal priorizará aquelas accións tendentes a facilitarlle á cidadanía de Ferrol un uso activo e creativo da actividade cultural.

0 comentarios:

Postar um comentário