A AV de Esteiro demanda a construcción dunha Escola Infantil Pública no Barrio

30 de jun. de 2010

No día de onte a AV de Esteiro enviamos unha nota de prensa reclamandolle á Xunta de Galicia que cumpra o seu compromiso, establecido no mes de abril do 2005, de construir unha Escola Infantil Pública no Barrio de Esteiro.
O Concello de Ferrol ten posto a disposición da Xunta de Galicia, para a construcción de dita infraestructura, a parcela municipal da Avenida de Esteiro, anexa ó edificio Xardín de Esteiro e que ten unha superficie de 900 mts. cadrados e que queda próxima ó CEIP de Esteiro e tamén ós barrios de Recimil e Ultramar.

http://www.tvferrol.es/index.php?sc=noticia&num=8249

http://www.cope.es/ferrol/30-06-10--ppdeg-insta-al-concello-ferrol-proponer-otros-terrenos-mas-idoneos-escuela-infantil-esteiro-186471-2

Texto da Nota de Prensa:


A Asociación Veciñal de Esteiro queremos demandar da Xunta de Galicia o cumprimento do seu compromiso de construír unha escola infantil pública no Barrio de Esteiro.
No mes de abril do ano 2005 a Xunta de Galicia, gobernada como agora polo Partido Popular, fixo un estudio do número de nenos e nenas que, de idades de 0 a 3 anos, había na cidade e , con base nese estudio, tomou a decisión de construír dúas escolas infantís públicas, unha en Caranza e outra en Esteiro. Ditas escolas terían unha capacidade de 50 nenos e nenas, cada unha, terían servizo de comedor e estarían abertas de 10 a 12 horas por semana. Anunciaron que estarían rematadas en decembro do 2005.


A Escola Infantil de Caranza entrou en servizo no 2010 e da de Esteiro non existe nin proxecto.
Durante os catro anos do Goberno Bipartito tampouco se fixo a Escola Infantil de Esteiro. A Xunta Directiva mantivemos , por dúas veces, xuntanzas coa Delegada Provincial de Vicepresidencia, Dona Tareixa Novo, sen ningún resultado.
O Vicepresidente da Xunta de Galicia, asinou un protocolo do Concello de Ferrol polo que se ían construír en Ferrol varias infraestructuras como Centros de Día e as mencionadas escolas infantís de Caranza e Esteiro.
A AV de Esteiro durante o ano 2008 promovemos unha campaña a prol da Escola Infantil Pública na parcela municipal da Avenida de Esteiro, próxima o Colexio Público de Esteiro, mantivemos xuntanza cos sindicatos, a federación de Anpas e cos Grupos municipais do Concello de Ferrol ( agás o PP que non acudiu á xuntanza) e tamén recollemos máis de 1000 sinaturas que entregamos no Rexistro da Xunta de Galicia na Praza de España. Queremos destacar que a citada parcela está tamén próxima ós barrios de Recimil e Ultramar e preto da Bazán , todos eles tamén potenciais demandantes da citada infraestructura.
Mantivemos no mes de novembro unha xuntanza co novo Superdelegado da Xunta de Galicia, D. Diego Calvo, quen manifestou que a Xunta de Galicia seguía interesada na construcción dunha Escola Infantil en Esteiro.
O pasado 11 de Xuño, a Xunta de Galicia rompe ese compromiso e coa escusa de que a parcela non reúne condicións, fai público o anuncio de que renuncia a construír esa infraestructura.
A Xunta de Galicia lle resulta agora insuficiente unha parcela de 900 metros cadrados cando no 2005 tiña proxectado facela nun local do IGVS de 400 m2. O que antes collía en 400 agora non colle en 900.
Hai outras escolas infantís , tanto publicas como privadas, que están en baixos de edificios de moita altura, mesmo a Gardería de Catabois ten unha antena de telefonía móbil que afecta a saúde de nenos e nenas e esta pegada a unha estrada que e das mais transitadas de Ferrol.
Ademais a Xunta de Galicia sabe que hai técnicas constructivas que illan os ruídos.

Na nosa opinión o único certo e a falla de compromiso da Xunta de Galicia coa construcción de infraestructuras publicas que presten un servizo social e mentres concellos como Narón, coa metade de poboación que Ferrol, vai ter a cuarta gardería en Ferrol hai tres e a Xunta non quere facer a cuarta en Esteiro.

Desde a AV de Esteiro, pasado o verano, imos facer unha nova campaña, na que imos convocar mobilizacións, a prol de que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de construír, no ano 2011, a Escola Infantil Publica que prometera para Esteiro, e para o conxunto da cidade, no mes de abril do ano 2005.

Ferrol a 29 de xuño de 2010.
Xunta Directiva da AV de Esteiro.
Asdo./ Xosé Miguel López, presidente









0 comentarios:

Postar um comentário