PROPOSTAS PARA O FONDO ESTATAL DE EMPREGO E SOSTENIBILIDADE LOCAL DO ANO 2010
FORMULADAS POLA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO E PRESENTADAS NO REXISTRO MUNICIPAL DO CONCELLO DE FERROL O DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2009.
A Asociación Veciñal de Esteiro presentamos non Concello de Ferrol a nosa proposta para o chamado “II Plan E 2010”.
Previamente queremos manifestar que segundo un informe presentado pola Empresa Cidadanía á Concellería de Participación Cidadá e que foi presentado nunha xuntanza do Grupo de Ánalise e Propostas , do que formamos parte, celebrada no Concello de Ferrol, o Barrio de Esteiro foi o que menos investimento por habitante recibiu no I Plan E, polo que non debe suceder o mesmo no ano 2010.
As propostas presentadas, teñen unha orde de prioridade e preferencia e son:
1. Urbanización da Praza de Alvaro Cunqueiro con asfaltado das rúas que converxen nela e da rúa que circunda a Praza. Esta é unha zona que xa se tiña comprometido a reparar, tanto o anterior goberno municipal como o actual, pero a realidade é que está completamente degradada e con cables eléctricos ó descuberto.
2. Asfaltado da Rúa Álvaro Cunqueiro desde a Avenida de Vigo á Rúa Caranza, coa colocación de bolardos que impidan aparcar nas beirarrúas.
3. Arranxo do Local Social da nosa entidade, no espazo que ocupaba Concepción Arenal, para adaptalo a un comedor social para o Barrio de Esteiro.
4. Reparación total do carril bici desde a rotonda de González Llanos ata a rúa Zurbarán nunha marxe e Fernando VI na outra marxe.
5. Construcción de pasos de peóns elevados, que obriguen ós conductores a moderar a velocidade, na Avenidad de Vigo, onde está o Colexio Publico de Esteiro, en Mac Mahón, onde está o CEIP Isaac Peral e o Instituto Saturnino Montojo, e en toda a Avenida de Esteiro.
6. Urbanización e acondicionamento da Rúa San José.
Insistimos en que a principal prioridade é a actuación nas Praza e na Rúa de Álvaro Cunqueiro.
Ferrol a 27 de novembro de 2009.
Asdo/ X. Miguel López Pérez, presidente
1 comentarios:
Moi boas ideas.
Postar um comentário