11.03.2010 HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO 11M

26 de fev. de 2010

Unha vez máis, como vimos facendo cada ano desde o 2004 a Asociación Veciñal de Esteiro imos celebrar un sinxelo homenxe as vítimas dos atentados terroristas do 11 de Marzo do 2004 en Madríd.
Este é o único acto de lembranza que se celebra en toda Galicia.
Será o propio día 11 de marzo ás 17 horas na Rúa San Ramón, xunto ó Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, no pequeno monolito e xunto o madroño que esta Asociación custeou na Praza que a proposta da nosa entidade e acordada polo Pleno do Concello de Ferrol leva o nome de: Praza das Vitimas do 11 M.

Sera un acto sinxelo que consiste nunha ofrenda floras e unha breves palabras de recordo. Estariamos encantados de compartir eses breves momentos con toda a veciñanza de Esteiro e con todo o tecido asociativo de Ferrol, partidos políticos, sindicatos. etc

0 comentarios:

Postar um comentário