PORCOS SOLTOS POLO BARRIO DE ESTEIRO

12 de abr. de 2014



GRAFITOS EN ESTEIRO

Desde hai  pouco máis de dous meses o barrio de Esteiro, tamen lugares da Madalena e de Caranza, están sendo emporcados con grafitos noxentos.

Esta noite pasada novos grafitos ao lado da Cafetería Agarimo e nun colector de lixo tamén próximo a ese lugar, realizados polas mesmas persoas que o veñen facendo desde hai dous meses no Barrio de Esteiro principalmente pero tamén en outros barrios.

Recentemente na Coruña un grafitero que emporcaba a cidade chamado RAS foi detido pola Policía Local da Coruña e se lle acusou de danos por 16.000 euros.

En Ferrol destaca a sinatura de KETU  e CHOU e os danos que teñen producido en espazos públicos e locais particulares é de miles de euros.

O mércores pasado na xuntanza que tivemos a AV de Esteiro e a Asociación de Hostaleiros e Comerciantes de Esteiro co comisario de Ferrol-Narón, D. Angel J. Casanova, xa denunciamos estes feitos e tamén trasladamos a denuncia á Policía Local de Ferrol e ao Alcalde, Concelleiro de Servizos e aos Grupos Municipais. ( Parece que xa hai sospeitosos localizados ).

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro facemos un chamamento ás comunidades de propietarios e particulares aos que lles pintaron nas súas propiedades a que FORMULEN DENUNCIA NA COMISARÍA DE POLICÍA, para poder reclamarlles aos responsables os danos producidos, cando estes sexan identificados e detidos ( QUE VAI SER PRONTO )

No album fotográfico que achegamos se pode ver unha mostra de como está quedando o barrio todo emporcado

A noticia foi recollida en diferentes medios de comunicación:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/04/12/esteiro-pide-policia-identifique-grafitero/0003_201404F12C6992.htm

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/av-esteiro-denuncia-proliferacion-grafitis-varias-zonas-barrio/20140411215824081569.html#votar-5

0 comentarios:

Postar um comentário