Desaparecerá a AV de Esteiro?

22 de mar. de 2014


Asembleas da AV de Esteiro


No día de onte celebráronse as Asembleas Ordinaria e Extraordinaria da AV de Esteiro.
Na Ordinaria:
  • Aprobouse a acta da asemblea anterior.
  • Aprobouse, por unanimidade, o informe económico.
  • Foi presentado o informe de actividades de marzo 2013 a marzo de 2014.
Fixouse como metas para o novo exercicio:
  • A recuperación da Participación Cidadá, que desapareceu co actual Goberno Municipal.
  • Facer unha campaña a prol da Residencia Universitaria Pública na Parcela do Invifas na Avenida de Esteiro.
  • Facer unha campaña para que se elabore un Plano Especial para a Rehabilitación do Esteiro Vello.
  • Esixir a vixilancia da Zona Azul e maior presenza da Policía Local no Barrio de Esteiro.
  • Apoiar cantas mobilización se produzan en defensa do naval público, do emprego, da sanidade e educación público e de cantas sexan beneficiosa para o conxunto da cidade e do barrio.
  • Potenciar o Comedor Senior de Esteiro.
  • Facer unha campaña de captación de nov@s asociad@s.
  • Manter as actividades existentes e amplialas.
  • Demandar a construcción dun Centro Cívico en Esteiro.
Na Asemblea Extraordinaria , que tiña como único punto a Renovación da Xunta Directiva:
Non houbo ningunha candidatura , nin candidato/a.
 
Polo que foi nomeada unha Xunta Xestora, para atender asuntos de trámite, e que no prazo de dous meses convocar unha Nova Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección dunha Xunta Directiva. No caso de que non houbese candidaturas se procederá a nomear una COMISIÓN LIQUIDADORA, para disolver a Asociación Veciñal de Esteiro.
 
A Comisión Xestora, para asuntos de trámite e urxentes, está composta por 8 persoas que formaban parte da anterior Xunta Directiva  e 4 persoas máis que se presentaron na propia Asemblea Extraordinaria.
 
Esta Comisión Xestora terá unha xuntanza a vindeira semana para establecer a data da Nova Asemblea Xeral Extraordinaria.
 
 
Comisión Xestora da AV de Esteiro

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/03/22/relevo-frente-asociacion-vecinos-esteiro/0003_201403F22C5991.htm


0 comentarios:

Postar um comentário