Paralización da Subhasta de baixos e Entrecháns de Álvaro Cunqueiro
20 de jul. de 2013
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro DEMANDAMOS, unha vez máis como xa fixemos no ano 2011 e en anos anteriores, a paralización da Subhasta que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten previsto facer de 38 baixos e entrecháns nas Vivendas de Álvaro Cunqueiro en Esteiro.
O pleno do Concello de Ferrol ten aprobada unha moción a prol de que estes locais sexan cedidos ao Concello de Ferrol como pago da débeda do IBI que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten con o Concello de Ferrol desde hai moitos anos e que supera o millón de euros.
Nunha entrevista mantida co Alcalde de Ferrol, este se comprometeu a solicitar, a demanda da AV de Esteiro, a cesión deses locais ao Concello.
Desde a AV de Esteiro vimos demandando desde hai anos que eses locais se cedan a entidades sociais sen ánimo de lucro para desenvolver ás súas actividades. como se fixo coa Asociación de Ex-Alcohólicos e a Asociación Teima-Síndrome de Down.
http://ferrol360.es/los-vecinos-de-esteiro-piden-que-se-paralice-la-subasta-de-locales-del-igvs-en-el-barrio/
http://ferrol360.es/la-xunta-subasta-50-locales-en-ferrol-y-as-pontes/
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/23/0003_201111F23C4994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2007/08/23/0003_6081253.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/25/0003_201111F25C3991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/25/0003_201111F25C3992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/14/0003_201111F14C2995.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
0 comentarios:
Postar um comentário