Nin demagoxia, nin enganos
18 de jul. de 2013
Setembro 2011. La Voz de Galicia
http://ferrol360.es/o-tanque-de-tormentas-e-beneficioso-para-o-conxunto-da-cidade-e-non-crea-ningun-perxuizo-a-particulares/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/07/27/vecinos-esteiro-defienden-tanque-parque-pablo-iglesias/0003_201307F27C3998.htm
“O TANQUE DE TORMENTAS DO PARQUE PABLO IGLESIAS DE ESTEIRO É BENEFICIOSO PARA O CONXUNTO DA CIDADE E NON CREA NINGÚN PREXUÍZO A PARTICULARES.”
No ano 2001 recen constituídos como Asociación
Veciñal de Esteiro ( daquela Fontelonga ) mantiñamos contactos con Pepe Lastra para que se rematase o
Parque do Pilar, que levaba anos de atraso, e que foi mellorado coa entrada no
goberno municipal do BNG. Foi inaugurado en decembro do 2001, pasando a
chamarse como Parque de Pablo Iglesias cunha superficie de 20.000 m2 .
Cando se construíu pola empresa Souto o Edificio do
Gusano, quedaron sen rematar as zonas verdes de entre os edificios, que foi
rematada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, logo de xestións da AV de
Esteiro e de Angel Mato, concelleiro de Urbanismo, diante de Xoan Carlos Bascuas
Jardón, delegado de vivenda na provincia da Coruña da Xunta de Galicia.
Posteriormente dotouse ese espazo cun amplo Parque
de Xogos Infantís, tamén a demanda a AV de Esteiro diante do Goberno Municipal
de Vicente Irisarri.
Cando se produciron roubos nese edifico do Gusano e
noutros da Avenida, a Asociación Veciñal de Esteiro, denunciou o feito e
mantivo unha xuntanza urxente co Comisario de Policía de Ferrol-Narón.
Cando se quixo facer un valado de xogos para cans no
Parque Pablo Iglesias, xa houbo un pequeno grupo de veciños/as que se opuxeron
dicindo que ía provocar cheiros, enfermidades, e que era un foco de infeccións. Por mediación nosa co
concelleiro Rafael Fernández Beceiro o valado de xogos de cans trasladouse a
outra zona verde entre a rúa Nova de Caranza e a Estrada da Trincheira, na
parte traseira dun edificio, sen ningunha queixa da veciñanza dese edificio, nin
daquela nin nunca, e co agradecemento das persoas que teñen cans.
( Después de hablar del tema con gran parte de los vecinos de la “parcela del gusano”, anexa al Parque Pablo Iglesias y viendo que el Concello quiere instalar una pocilga de perros, entre el Parque y la calle Nueva, manifestamos nuestra frontal oposición a semejante barbaridad, a la que nos opondremos con uñas y dientes ) este é parte dun escrito remitido ao Alcalde de Ferrol nesa época.
Hoxe no Parque Pablo Iglesias os cans seguen a andar
por onde lles peta, sen que ninguén diga nada e sen que os donos recollan as
súas grazas.
Dicimos todo esto para que aqueles/as que din que esa
zona non é Esteiro entendan que so hai unha entidade que defende os seus
intereses: A Asociación Veciñal de Esteiro.
Outro tanto ocorre co logro dunha Escola Infantil Pública no Barrio, despois de oito anos de loita.
Outro tanto ocorre co logro dunha Escola Infantil Pública no Barrio, despois de oito anos de loita.
Tamén dicir que no Concello de Ferrol non hai
establecido un límite entre os barrios.
Respecto ao Tanque de Tormentas do Parque Pablo
Iglesias, que é unha obra que está adxudicada a unha empresa, a demanda da AV
de Esteiro e dos Técnicos Muncipais se conseguiu que o Tanque vaia totalmente soterrado e cuberto cun manto vexetal que,
ademais de ter enriba un Parque de Xogos Infantís, poida ter céspede e árbores
de pequeno porte.
Conseguiuse un segundo Parque de Xogos Infantís que
estarán funcionando os dous antes do comezo da obra. Non van comezar as obras ata que o Parque de Xogos estea funcionando
nun lugar próximo.
Conseguiuse
rebaixar a altura da Caseta de Bombas e que a empresa constructora emita un
certificado que ten valor legal de que non vai haber nin ruídos nin cheiros. O
edificio ten 200 m2
nun parque de 20.000 m2
Vaise tentar replantar as árbores afectadas, que non
van ser cortadas senón que se van retirar coas súas raíces.
Hai o compromiso de facer a obra no menor tempo
posible e o sistema de construcción consolida primeiro o perímetro do tanque
cunha cimentación e logo comeza a retirarse a terra. E moito menos agresivo e
produce moitas menos molestias que outros sistemas de construcción.
“O tanque de
Tormentas do Parque Pablo Iglesias de Esteiro é beneficioso para o conxunto da
cidade e non crea prexuízo a particulares”.
Vai permitir que a depuradora de Caneliñas entre en
funcionamento en prazo. Forma parte da rede de saneamento da Ría de Ferrol, que
unha vez saneada vai permitir que varios
centos de persoas poidan atopar traballo na pesca e no marisqueo nunha
comarca que ten o índice de paro máis grande de todo Galicia.
Vai permitir que na Estrada da Trinchera non haxa
máis anegamentos por mor das choivas, outro tanto diante do Edificio do Gusano
onde non só se forman enormes pozas de auga senón que mesmo, como en setembro
do 2011, flúen augas fecais.
Co Tanque de
Tormentas do Parque Pablo Iglesias de Esteiro nunca máis volverán a acontecer
eses asulagamentos.
A razón de que
se elixa o Parque Pablo Iglesias é técnica e non política, debaixo do parque
pasan dous colectores, contra os que ninguén protestou, e por eso se fai aí o
Tanque.
A Asociación Veciñal de Esteiro, aceptadas todas a
nosas propostas e as dos técnicos municipais, consideramos que a construcción
do Tanque de Tormentas é aceptable e é beneficiosa.
Non facer unha obra que está adxudicada pode
supoñer:
- Demanda
da empresa que ten a obra adxudicada reclamando danos e prexuízos.
- Atraso
na entrada en funcionamento da Depuradora e da rede de saneamento.
- Custo
adicional de redactar un novo proxecto ou modificar o actual.
- Perda
de millóns de euros da Unión Europea.
Na Federación
Veciñal de Roi Xordo, que agrupa a 10 asociacións veciñais da zona urbana, a proposta
da AV Esteiro foi aceptada.
A Asociación de Veciños de Caranza e Club de Windsurf, dese barrio aceptan a construcción de catro tanques de tormentas que van nese Barrio.
É preciso sinalar que na parte Sur da Ría de Ferrol,
que afecta aos concellos de Fene, Ares e Mugardos( este último cun alcalde do
BNG) está case rematada a Rede de Saneamento que vai entrar en funcionamento
este ano. Construíuse unha Estación Depuradora en Punta Avarenta, cinco tanques
de bombeo e están case construídos os 21 tanques de tormentas ( a parte de
Ferrol leva nove tanques) . Un tanque vai na Praza do Pedregal, no porto de
Redes e outro no Parque Rosalía de Castro de Ares, pretiño da praia e para o
que houbo que talar moitas árbores centenarias.
Que nos saibamos non houbo protestas nin de
Alcaldes, nin de Concellos, nin de Partidos Políticos, sindicatos, asociacións
veciñais, mariscadores, pescadores, particulares e nin tampouco de asociacións
ecoloxistas. Reiteramos que o proxecto está case rematado.
Por que en Ferrol hai protestas , mocións e
interpelacións? Son distintas as persoas de Ferrol das da outra banda da Ría?
Teñen máis dereitos os de esta banda que os da outra? Os Concellos e Ares,
Mugardos e Fene, e os partidos que os conforman non defenden á cidadanía deses
lugares?.
Non estamos discutindo o modelo de saneamento que
habería que facer. Esa batalla tivo o seu tempo e ninguén a librou no seu día.
Agora hai un proxecto aprobado e adxudicado.
Cando nos mobilizamos contra o Tanque da Ranita, a
Asociación Veciñal de Esteiro estivemos de principio a fin nesa loita,
conseguimos que ese Tanque desaparecera do Proxecto final da Rede de Saneamento.
Eso non é o que ocorre no Tanque de Tormentas de
Esteiro que forma parte do Proxecto final e está adxudicado.
Hai unha grande batalla que dar e que vai requirir
da mobilización de todos e todas : Impedir que se privatice a Rede de
saneamento pública e a Estación Depuradora e nesa batalla a Asociación Veciñal
de Esteiro estará como está en todas as que defenden o ben común e o interese
xeral.
Rematamos dicindo que o Tanque de Tormentas do
Parque Pablo Iglesias de Esteiro e beneficioso para todo o mundo incluídos o
residentes o Edifico do Gusano. Así o pensamos
e así o manifestamos.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro.
12/7/2103
0 comentarios:
Postar um comentário