Memoria de actividades da AV Esteiro 2012-2013

8 de abr. de 2013


Marzo 2012:

·        Celebramos o acto de Homenaxe ás Vítimas do 11M.
·        Entrevista en Ferrol Televisión Canal 31.
·        Participamos nas mobilizacións contra o peche do Consultorio da Graña e a prol da construción do novo Centro de Saúde da Capela.
·        Asistimos, como testemuñas, ao xuízo aos mariscadores de Ferrol polo bloqueo da entrada ao primeiro gaseiro para Reganosa.
·        Somos promotores, con outras entidades de Galicia, da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa da Sanidade Pública que precisa recoller 15.000 sinaturas para ser admitida polo Parlamento Galego. Son recollidas máis de 35.000 en todo Galicia.
·        Denunciamos nos medios de comunicación as continuas negativas do Concelleiro de Urbanismo e Obras, D. Guillermo Evia, a recibir á AV de Esteiro incumprindo gravemente o Regulamento de Participación Cidadá.
·        Manifestamos publicamente a nosa oposición, xunto con outras 13 asociacións máis, a que se malgaste un millón de euros máis na Praza de España,  por entender que as necesidades da cidade son outras.
·        Celébrase a Primeira Asemblea
de Barrio convocada polo Concello no Vicerrectorado da Universidade.
·        Novo Ciclo de Cine nos Duplex.
·        Denunciamos no Valedor do Pobo ao Concelleiro de Urbanismo por negarse a recibirnos.
·        Se celebra unha xuntanza inicial dalgúns comerciantes e hostaleiros do Barrio de Esteiro para promover unha Asociación que finalmente non vai adiante.
·        Colaboramos, unha vez máis, co Centro de Transfusións de Galicia nunha doazón de sangue na Praza do Himno Galego.
·        Demandamos da Alcaldía de Ferrol que solicite a paralización da subhasta da parcela do INVIFAS, onde propoñemos que se faga a Residencia Universitaria Pública de Ferrol.
·        Colaboramos na mesa petitoria da Loita contra o Cancro.
·        Celebramos coa Fundaçom Artabria na Praza do Himno Galego da Festa dos Maios.
·        A Axencia Tributaria pecha a tenda de Abel Cazón.
·        Un dos representantes da Asemblea de Barrio, Gabriel Aúz, se dedica a facer campaña contra a AV de Esteiro nalgúns establecementos comerciais.
·        Remata, en Maio, o Taller de Memoria que se celebra na nosa entidade.
·        Facemos entrega de alimentos á Cociña Económica, da que somos socios.
·        Solicítanse subvencións, para a realización de actividades, á Concellería de Cultura.
·        Solicitamos do Concello unha campaña de choque contra a proliferación de gaivotas, pombas e ratas.
·        Escrito ao Concello demandando información sobre a obra da Praza do Callao e sobre o plan de Trafico mentres dura a mesma. Non se nos facilita ningunha informanción.
·        Mantemos unha xuntanza co novo Comisario de Policía para tratar os roubos en vivendas cometidos recentemente no Barrio.
·        Participamos nunha concentración na Praza de España en Defensa da Sanidade Pública.
·        Demandamos unha solución das Administracións Públicas para un desafiuzamento na Rúa Soto, onde hai un menor.
·        Facemos grupos de traballo para elaborar, a demanda da Concelleira de Barrio, un mapa de deficiencias no Barrio en rúas, beirarrúas, sinalización, mobiliario urbano, etc, que unha vez elaborado é entregado no Concello, no mes de xuño, a través do Rexistro Municipal e enviamos, como sempre, unha copia a cada Grupo Municipal.
·        Demandamos novamente a posta en funcionamento do Comedor Social de Esteiro.
·        Celebramos, con moito éxito, a Noite Meiga de San Xoán no Cadro de Esteiro coa participación de milleiros de persoas.
·        Participamos nunha Asemblea na Praza de España, con outras asociacións, para opoñernos a que se gaste un millón de euros máis nese espazo que xa leva consumidos 18 millóns de euros.
·        Faise unha excursión a Ribadeo.
·        Mantemos unha xuntanza coa Concelleira de Benestar para tratar fundamentalmente: A construción da Escola Infantil Pública de Esteiro e a posta en funcionamento do Comedor Social nos locais da nosa entidade..
·        Excursión a Caminha e A Guarda.
·        Publicitamos nos medios de comunicación e no Barrio as actividades a desenvolver pola AV de Esteiro.
·        Conseguimos a cesión gratuíta, para almacén, dun baixo na rúa Carlos III.
·        Incrementamos a oferta de actividades con un Taller de Coiro e outro de reciclaxe.
·        Denunciamos novamente a situación de abandono do Forno de Esteiro na rúa Carlos III nº-34.
·        Presentamos alegacións á Ordenanza de Terrazas.
·        Novo Ciclo de Cine nos Duplex.
·        Participamos na Manifestación Comarcal o 17 de Outubro en Defensa do Sector Naval Público.
·        Nova Campaña de Doazón de Sangue.
·        Denuncia pública do abandono do barrio por parte da Concellería de Urbanismo e Obras, do estado de rúas, beirarrúas e deficiencias diversas.
·        Despois de moitas denuncias formuladas pola AV de Esteiro o Concello abre un expediente sancionador contra o propietario do Forno de Esteiro, Abelardo Bellón López.
·        Manifestamos a que se ceda unha parte do Antigo Hospicio á Asociación de Empresarios de Hostalería.
·        Se realiza un pulido do local onde se celebra a actividade de Pilates, por parte de Limpezas Limbes, que foi realizado de maneira gratuíta.
·        Presentamos alegacións aos Orzamentos Municipais, entre outras cousas, para opoñernos ao malgasto na Praza de España, ao proxecto de Abrir Ferrol ao Mar e para que se contemple a posta en funcionamento do Comedor Social de Esteiro.
·        Mantemos unha nova xuntanza co Concelleiro de Tráfico, para demandar maior presenza policial e maior vixilancia das ordenanzas de tráfico, terrazas, urbanismo, limpeza e tenza de animais. Tamén demandamos que se faga respectar a zona azul no barrio, único xeito de que haxa prazas de aparcamento e para favorecer a hostalería e comercio do Barrio.
·        Nova denuncia pública de caídas de tres persoas maiores por mor dos graves deterioramentos nas beirarrúas.
·        Organizado pola AV de Esteiro actúa o Coro Toxos e Froles na residencia Abrente.
·        Un ano máis, coa Fundaçom Artabria, organizamos o Roteiro do Apalpador por Esteiro e polo centro da cidade.
·        Manifestamos publicamente a nosa oposición ao Peche do Parador de Turismo de Ferrol.
·        Nova actuación na Residencia Abrente, organizada pola AV de Esteiro, do Dúo Rosas.
·        Manifestamos o noso apoio aos traballadores do Diario de Ferrol e contra o traslado de parte deles á Coruña.
·        Participamos na manifestación contra os desafiuzamentos.
·        Nota de apoio ao Ateneo Ferrolán para que non se lle prive dunha parte do seu local.
·        Nova denuncia do estado de rúas e beirarrúas facendo un flash move por toda a cidade en colaboración coa Plataforma contra o Malgasto e da Acción Directa en Defenda dos Espazos Públicos que foi recollida nos medios de toda Galicia e nalgunha Televisión do Estado.
·        Manifestamos a nosa oposición á redución e peche de liñas de transporte público.
·        Solicitamos unha xuntanza coa Vicerreitora da Universidade para ver de establecer un convenio de colaboración que nos permita seguir utilizando gratuitamente os locais da Universidade.
·        Solicitamos unha xuntanza co Ecónomo de San Xiao para solicitarlle a utilización para actos culturais, da igrexa da rúa Carlos III que leva 15 anos pechada.
·        Novo Ciclo de Cine nos Duplex en colaboración coa Asociación de Poesía Salvaxe.
·        Nota de prensa denunciando a denegación de subvencións da Deputación da Coruña á nosa entidade, ao noso entender, por razóns políticas.
·        Participamos nunha mobilización en Defensa dos Servizos Públicos.
·        Solicitamos, dentro do programa Ferrol a Escena, seis actuacións, dúas delas para a Noite Meiga de San Xoán.
·        Denunciamos a caída de cascallos na Rúa Carlos III no antigo despacho de Pan Piana.
·        Manifestamos a nosa oposición ao trazado Sur do Tren ao Porto Exterior de Ferrol, e o noso apoio ao trazado Norte.
·        Participamos no acto de Homenaxe a Concepción Arenal celebrado en Esteiro.
·        Solicitamos unha subvención da Deputación para cambiar tódalas ventás do local da AV de Esteiro.
·        Nota de prensa sobre a reparación do Paso de Peóns da rúa Rochel que, con motivo da obra, vai estar pechada un mes, e que xa foi reparado recentemente.
·        Participamos na Manifestación Comarcal do 24 de Febreiro demandando carga de traballo para os estaleiros públicos.
·        Despois das numerosas denuncias da AV de Esteiro, no mes de febreiro de 2013, a concellería de Urbanismo e Obras, que sigue sen recibirnos, comeza un plan de reparación de fochas, e beirarrúas , seguindo o Mapa de Deficiencias presentado pola AV de Esteiro no mes de xuño de 2012. Quedan moitas deficiencias pendentes de reparar.
·        Excursión a Baiona.
·        Celebramos un novo Homenaxe as Vítimas do 11M.
·        Participamos na Manifestación Comarcal en Defensa da Sanidade Pública e contra as Privatizacións e o Repago celebrada o Domingo 3 de Marzo do 2013.






















Esta Memoria resumo das actividades da AV de Esteiro foi presentada na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o xoves 21 de Marzo do 2013.

0 comentarios:

Postar um comentário