Novos roubos en Vivendas en Esteiro

12 de mar. de 2013


Desde a Asociación Veciñal de Esteiro queremos denuciar, unha vez máis, os roubos en pisos da Avenida de Esteiro, aproveitando a ausencia dos seus moradores e na fin de semana.

En menos dun ano e co mesmo "modus operandi" xa se produciron catro roubos na Avenida de Esteiro, nuns entrecháns encima da Caixa Galicia, en varios pisos do edificio do " Gusano " e agora se suma o cometido esta fin de semana.

Esta Asociación Veciñal de Esteiro, con motivo dos roubos anteriores , xa mantivemos unha xuntanza co Comisario Xefe de Ferrol-Narón, D. Angel Jesús Casanova, sen que ata o de agora é, visto os roubos da fin de semana, se obtivese resultado ningún e sen que se producise a detención dos autores.
DEMANDAMOS unha maior vixilancia policial, especialmente nas fins de semana que é cando se están a producir os roubos, que seguen un mesmo patrón de actuación.



http://www.crtvg.es/informativos/rouban-nunha-vivenda-da-avenida-de-esteiro-en-ferrol-547129


http://www.crtvg.es/informativos/unha-vaga-de-roubos-alarman-os-vecinos-do-centro-da-cidade-386062

Desvalixan un piso de Esteiro aproveitando que os seus moradores saíran

Un ou varios delincuentes desvalixaron un piso da avenida de Esteiro, o pasado sábado.
Os autores do roubo aproveitaron que os moradores saíran para forzar a porta e acceder ao interior. levaron xoias, diñeiro e algúns aparellos tecnolóxicos.
Os feitos sucederon a plena luz do día e ten as características doutros labores na mesma avenida nos últimos anos. A comisaría do Corpo Nacional de Policía confirmou que os propietarios da vivenda xa formularon a correspondente denuncia.
Con iso, o equipo da policía científica e a policía xudicial puxéronse a investigar o suceso para tratar de identificar e deter ao autor ou autores do roubo e pórlle a disposición da autoridade xudicial.


0 comentarios:

Postar um comentário