Asemblea Xeral da AV de Esteiro

25 de mar. de 2013


Lunes, 25 de marzo de 2013



Diario de Ferrol

A AVV de Esteiro renova a súa xunta directiva e inicia os obxectivos para 2013

REDACCIÓN FERROL
25 Marzo 2013



                    Imaxe de arquivo

A AVV do barrio de Esteiro vén de celebrar a súa Asemblea Xeral con varios puntos na orde do día como a elección da nova xunta directiva e a consecución de novos obxectivos para o presente ano 2013.

En canto á elección de novos cargos, a entidade veciñal continúa estando presidida por Miguel López e o resto de postos son José Manuel López Pita, vicepresidente; Xoán Carlos Aneiros Rico, tesoureiro; Antonio Ríos Rodríguez, secretario; Juan Cervantes González, vicesecretario; e como vogais Vicente Aneiros López; Dolores Alonso Trasancos; Francisco Manuel Fernández Rey; Xesús Manuel Díaz Suárez; e Fernando Naveiras Freire.

Xosé Miguel López continúa presidindo a entidade que se plantexa novas demandas

obxectivos

No que se refire aos obxectivos plantexados pola asociación de veciños figuran continuar demandando o comedor social e a rehabilitación da parte vella do barrio facilitando axudas públicas aos propietarios.

A entidade insiste tamén na oposición ao novo gasto dun millón de euros na praza de España, así como ao trazado sur do tren ao Porto Exterior de Ferrol.

A entidade demanda que se manteña e se amplíe o servizo de transporte urbano, tanto no centro da cidade como na zona rural. Tamén tratou a futura colaboración coa Universidade para a construción da Residencia Universitaria pública na parcela do antigo Invifas, na Rotonda de González Llanos, e da cesión de novos espazos como a Residencia de Oficiais de Esteiro, a Residencia do Coronel do Tercio e o Cuartel de Dolores.

Finalmente, a nivel máis global, falaron de participar nas mobilizacións en defensa da sanidade pública, universal e gratuíta e demandar carga de traballo para os estaleiros públicos.







0 comentarios:

Postar um comentário