Nova proxección nos Cines Duplex

17 de out. de 2011

O xoves día 20 de outubro ás 20:30 e con entrada de balde, nova proxección do Ciclo Cine e Arquitectura que organizan o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Asociación Veciñal de Esteiro.
A película que  se proxecta é : Un home sen pasado.

TÍTULO ORIXINAL Mies vailla menneisyyttä (The Man Without a Past)  ANO 2002
DURACIÓN 97 min.

GUIÓN E DIRECCIÓN: Aki Kaurismäki             FOTOGRAFÍA Timo Salminen

REPARTO Markku Peltola, Kati Outinen, Juhani Niemelä, Kaija Pakarinen, Sakari Kuosmanen, Annikki Tähti


PREMIOS 2002: Nominada ó Oscar: Mellor película de fala non inglesa

2002: 3 premios no Festival de Cannes, incluíndo mellor actriz e gran premio do  xurado

2002: San Sebastián: Premio FIPRESCI: Mellor película do ano

2002: Nominada ao César: Mellor película europea

2002: Premios Guldbagge (Suecia): Mellor película estranxeira

XÉNERO: Comedia dramática

SINOPSe Un home que  perdeu completamente a memoria debe reiniciar a súa vida nunha zona marxinal, xunto a seres humanos apartados da sociedade

CRÍTICAS :

"Outra pequena xoia do  finlandés exótico, é  un dos cantos máis entrañables que  recibiu o mundo dos deheredados (...) Kaurismaki desprega todas as súas esencias nunha película inclasificable, rebosante de humor e tenrura, excentricidade e lírica estilo e graza." (Carlos Boyero: Diario El Mundo)

0 comentarios:

Postar um comentário