Continúa o caos de tráfico no Barrio de Esteiro

24 de out. de 2011

Hai dúas semanas mantiñamos unha xuntanza co Concelleiro de Tráfico para trasladarlle o caos e os graves incumprimentos da normativa de Tráfico que se producen no barrio de Esteiro e a ausencia, casi total, da Policía Local. En todo caso se algunha patrulla viña polo Barrio de Esteiro, limitábase a facer acto de presenza e a non sancionar conductas irregulares.
Coches sobre os xardíns, pasos de peóns , sobre as beirarrúas, en dobre fila, tanto na Avenida de Esteiro como en Soto, San Amaro, Naturalista López Seoane, Fernando VI, etc.
Falla de vixianxia sobre a normativa de recollida de lixo, sobre a de tenza de animais, sobre a ocupación de espazo público, sobre urbanismo, etc, etc.
Onte novamente a Asociación Veciñal de Esteiro, fixemos unha denuncia no programa da TVG Galicia Noticias.
Seguiremos traballando por un Barrio no que os conductores respecten ós peóns.
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=13361&corte=2011-10-24&hora=20:48:23&canle=tvg1

0 comentarios:

Postar um comentário