Mais cine en Esteiro de balde

13 de abr. de 2011

Ciclo cine en Esteiro nos Cines Duplex


O vindeiro xoves dia 14 de abril ( día da República) nova película do Ciclo de Cine da AV de Esteiro. Será nos Cines Duplex ás 20:30 horas con entrada de balde dentro do ciclo de Cine Italiano Neorrealista.

A película será “ Accattone” de Pier Paolo Pasolini.





Accattone é un personaxe épico na súa propia natureza de marxinado. Vittorio Cataldi, chamado Accattone ("mendigo") vive na periferia romana e pasa o seu tempo entre as casas dun suburbio e un bar onde paran os macarras do lugar. Non traballa e, para vivir, faise manter por Maddalena, unha prostituta. Pero Maddalena acaba no cárcere e Accattone na miseria total.


Agardamos que publicitedes esta actividade e asistades,  polo que vos damos as grazas


Xunta Directiva da AV de Esteiro

0 comentarios:

Postar um comentário