Excursión a Cantabria

17 de abr. de 2011

A Asociación Veciñal de Esteiro temos previsto realizar unha excursión a Cantabria na Ponte das Letras Galegas. Será o 14/15/16 e 17 de Maio ( catro días e tres noites).
Os prezos con pensión completa son:

170 euros/persoa en habitación dobre(para as persoas socias).
180 euros/persoa en habitación dobre (para as persoas non socias).
Suplemento en habitación individual: 25 euros/noite.

Visitaremos: San Vicente de la Barquera, Comillas, Santillana del Mar, Santander, Parque de Cabárceno(entrada incluída no prezo), etc.

As prazas son limitadas e será preciso que haxa 35 persoas para facer a excursión.

O prazo límite para anotarse remata o venres día 6 de maio.

Podedes anotarvos no local da AV Esteiro de 17 a 20 horas de luns a venres. Chamando ó 981933223 ou enviando un correo a : avesteiro@galicia.com

0 comentarios:

Postar um comentário