Escola Infantil Pública en Esteiro
23 de mar. de 2011
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro queremos denunciar que os compromisos establecidos, en materia de servizos sociais, co Concello de Ferrol, que agora dependen da Consellería de Traballo e Benestar, están incumpridos:
- Escola Infantil Pública en Esteiro.
- Ludoteca.
- Centro de Día e local social en Canido.
- Centro de inclusión e emerxencia social
- Vivendas dotacionais en Réxime de Aluguer para Maiores e Mocidade ( construidas pola anterior Xunta de Galicia) que non están en funcionamento.
- Centro de Día en Caranza, pendente de poñelo en funcionamento procedendo á súa apertura.
- A todo esto temos que engadirlle lamentable Estado da Residencia Pública da Terceira Idade en Caranza, que podemos ver no vídeo que achegamos.
( elaborado pola CIG-Administración)
0 comentarios:
Postar um comentário