Desprendemento de cascallos en dúas vivendas de Esteiro

26 de mar. de 2011

No día de onte os bombeiros de Ferrol tiveron que intervir dúas veces por mor de desprendemento de cascallos en dúas vivendas que a AV de Esteiro xa tiñamos denunciado no Concello de Ferrol polo seu estado de abandono e perigosidade para ás persoas, unha foi na rúa Lugo entre os números 29 e 32 e outra na rúa Fernando VI a antiga reloxería de Losada. Teremos que agardar que pase algo grave para que o Concello obrigue ós propietarios das moitas vivendas mal conservadas en Esteiro a que as reparen?
No día de onte entraba en vigor a Ordenanza Municipal sobre solares e vivendas en mal estado polo que o Concello de Ferrol ten unha ferramenta máis para obrigar ós propietarios, que son os únicos responsables, a que conserven os seus bens o do contrario facelo o Concello cobrándolles o importe e facelo e a sanción correspondente.

Resulta moito máis chamativo áínda o estado da vivenda de Carlos III nº34 a antiga panadería dos Irmáns Bellón na que o seu propietario arrincou tellado, portas e fiestras para que a vivenda se deteriorara áinda máis e maila ás repetidas denuncias da AV de Esteiro non se lle obrigou a facer obras de consolidación. O propietario desta vivenda é Abelardo Bellón López.


http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/03/26/0003_201103F26C4995.htm

0 comentarios:

Postar um comentário