15 de Marzo, actos de homenaxe ás vítimas do 11 M

9 de mar. de 2011

O concello de Ferrol e a Asociación Veciñal de Esteiro celebraremos o martes 15 de Marzo, o acto de Homenaxe ás Vítimas do 11 M.

Este ano contaremos coa presencia de Dona Pilar Manjón Gutierrez, que descubrirá xunto co Alcalde de Ferrol un monolito identificativo da Praza das Vítimas do 11 M.

O mestre gaiteiro Vítor Agulló López interpretará a peza Caraveliño colorado

Esa Praza é a comprendida entre ás rúas San Ramón, Doutor Vázquez Cabrera e Fernando VI, preto do Pavillón Municipal de Esteiro.
Este acto será o Martes 15 ás 18 Horas.

Ás 19 Horas , unha vez rematada a ofrenda floral,no Salón de Actos do Vicerrectorado en Esteiro, Dona Pilar Manjón, presidenta da Asociación 11M Afectados do Terrorismo,  pronunciará a conferencia: " Soy víctima del terrorismo, de lo personal a lo colectivo ".

Desde a AV de Esteiro facemos un chamamento a que a veciñanza do noso Barrio e de toda a cidade acuda ós citados actos

0 comentarios:

Postar um comentário