ASFALTADO DA RÚA ALVARO CUNQUEIRO

3 de nov. de 2010

Para a AV de Esteiro as vivendas de Álvaro Cunqueiro sempre foron unha prioridade na nosa actividade.

Este ano 2010 se arranxaron os baixos e entrecháns que o IGVS teñen na Praza de Álvaro Cunqueiro e mesmo dúas entidades sociais, a Asociación de Ex-Alcoholicos e a Asociación Teima Síndrome de Down, teñen a súa sede social nese entorno e pensamos que pronto outras entidades sociais abrirán tamén aí a súa sede social.

A maior partida de todo o investimento que o Concello de Ferrol fixo no Barrio de Esteiro no 2010, está dedicado ás vivendas de Álvaro Cunqueiro: 150000 euros á Praza e 30.000 euros á Rúa Álvaro Cunqueiro , que se asfaltaron entre o mércores e o xoves da semana pasada.

Vaise tamén mellorar a entrada do CEIP de Esteiro, reparando a beirarrúa e facendo unha zona verde a carón das árbores. Tamén se asfaltará a baixada á Praza de Álvaro Cunqueiro desde a Avenida de Vigo.

Por parte da Concellería de Xardíns, estase facendo un mantemento á zona verde interior desas vivendas que lle corresponde facer ós veciños xa que é un espazo privado.

Desde a AV de Esteiro facemos un chamamento ós veciños para que fagan cesión ó Concello de Ferrol dese espazo para que poida estar moito mellor conservado.

Desde a AV de Esteiro queremos convidar ós veciños e ás veciñas das Vivendas de Álvaro Cunqueiro á inauguración da Praza e da rúa o vindeiro venres día 4 de outubro ás 11:30 horas na que estará presente o alcalde da cidade, Sr. Irisarri e o concelleiro de urbanismo Sr. Mato e representantes dos demais grupos municipais.

http://www.ferrol.es/ampliar.aspx?id=26312

0 comentarios:

Postar um comentário