A Xunta de Galicia abandona o proxecto de segunda escola infantil en Ferrol que se ía construir en Esteiro e non consigna ningunha cantidade orzamentaria para o 2011

27 de out. de 2010

A Asociación Veciñal de Esteiro xa denunciamos a pasada semana a falla de interes da Xunta de Galicia en construir a Escola Infantil Pública en Esteiro que tiña prometido desde o ano 2005 e que contaba coa oferta do Concello de Ferrol dunha parcela municipal de 900 m2 na Avenida de Esteiro.
As declaracións da Conselleira de Traballo, Dona Beatriz Mato, falaban de que o sitio non era axeitado pola altura dos edificios colindantes e polo volume de tráfico. Desde esta entidade denunciamos que o que se estaban botando balóns fóra e que o que non valía para Ferrol valía para outros concellos.
Novas declaracións da Conselleira de Traballo deixan clara a posición da Xunta de Galicia:

Non consideran necesaria unha segunda Escola Infantil Pública en Ferrol.
Non se recolle nos orzamentos para o 2011 o proxecto de Escola Infantil Pública en Esteiro


http://www.cope.es/ferrol/15-07-10--conselleira-beatriz-mato-expone-nuevos-argumentos-escuela-infantil-esteiro-194237-2

0 comentarios:

Postar um comentário