Zona Azul en Esteiro
11 de set. de 2010
Zona Azul en Esteiro
A Asociación Veciñal de Esteiro consideramos un rotundo éxito a decisión da Comisión de Tráfico do Concello de Ferrol ( por acordo unánime dos cinco grupos municipais) de ampliar a zona azul en Esteiro.
Como se pode comprobar no mes de setembro hai prazas de estacionamento limitado libres, o que non invalida, senon que reforza o acertado da medida. Agora se pode vir ó centro de Esteiro a facer as xestións, compras ou mesmo visitar os establecementos de hostalería e sempre se atopa onde aparcar, cousa que non ocorría antes de ampliarse a Zona Azul.
Os comerciantes e hostaleiros do Barrio están comprobando como a medida, que era absolutamente necesaria, lles está favorecendo.Ademais esa medida non está prexudicando a ningún veciño nin a ningún comerciante.
Nesta Asociación estamos recibindo chamadas e correos electrónicos de particulares e sobre todo de comerciantes agradecéndonos a implantación da zona azul e mesmo ofrecéndose a recoller sinaturas de apoio á Zona Azul( entre os veciños e comerciantes de Esteiro). Desde a AV de Esteiro lles trasladamos que non é necesario a recollida de sinaturas dado que a decisión do Concello de Ferrol é firme e non ten volta atrás.
Demandamos do Concello de Ferrol, unha maior vixilancia por parte da Policía Local, de que se cumpra o tempo de estacionamento limitado. Neste momento a vixilancia non é a desexable o que fai que algúns conductores fagan trampa co disco de estacionamento. Consideramos absolutamente necesaria unha maior presenza da Policía Local para facer cumprir as normas da Zona Azul e que se cumpra a Normativa de Tráfico en todo o Barrio.
Tódolos días podemos ver coches estacionados, indebidamente, nas esquinas, nas beirarrúas, nos pasos de peóns e mesmo en zona verde. Había un compromiso con esta Asociación e coas Asociacións de Minusválidos ubicadas no barrio, por parte de Dona Sandra Ríos de dedicar unha patrulla da Policía Local de modo permanente a Esteiro desde o mes de abril. No mes de setembro esta promesa está incumprida. Desde a AV de Esteiro lle demandamos a Dona Sandra Ríos que cumpra a súa promesa.
Desde hai anos esta Asociación vimos demandando, que se faga un pintado horizontal en todo Esteiro, sinalando o espazo que ten que ocupar cada coche . Segundo un estudio feito pola propia Asociación veciñal se gañarían 350 novas prazas de aparcamento. Ata o momento a nosa demanda non tivo éxito.
Tamén vimos demandando pasos de peóns elevados na Avenida de Esteiro, de Vigo e na de Mac Mahón para evitar as excesivas velocidades en zonas onde se atopan colexios e institutos.
Consideramos un éxito a implantación da Zona Azul e as numerosas mostras de apoio de veciños e sobre todo de comerciantes nos reafirma na nosa solicitude e en que a decisión do Concello de Ferrol foi a correcta.
Ferrol a 7 de setembro de 2010.
Xunta Directiva da AV de Esteiro
La asociación vecinal de Esteiro defiende el buen funcionamiento de la zona azul ampliada en el barrio
Localidad: ferrol/la voz. 10/9/2010
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/09/10/0003_8716820.htm
0 comentarios:
Postar um comentário