Ocupación de espazo público
A Asociación Veciñal de Esteiro vimos denunciando diante do Goberno Municipal e diante dos grupos da oposición a ocupación dun espazo público de maneira permanente e sen autorización municipal, por parte da Empresa Construccións Cano.
Esta empresa ten sempre, na rúa Fernando VI diante do Bloque III, un colector de cascallos de obra onde deposita os residuos das diferentes obras que realiza noutras partes da cidade. Na zona onde está permanentemente un colector de cascallos a citada empresa non está realizando obra ningunha.
Na AV de Esteiro estamos recibindo continuamente queixas do proceder desta empresa , queixas que vimos trasladando continuamente ó Concello de Ferrol. Ata o de agora o concello non ten actuado.
Os veciños das rúas Colón e Mendizábal tamen denuncian que a mesma empresa a cada pouco ten estacionados en zona verde na Praza de Ferrándiz, furgonetas e remolques.
Tódalas denuncias a AV de Esteiro as temos trasladado ó Concello con abundantes fotografías que corroboran as continuas infraccións
0 comentarios:
Postar um comentário