Celebrada a Asemblea Xeral da Asociación Veciñal de Esteiro


Asociación Veciñal de Esteiro celebramos onte día 21 de Marzo nosa Asemblea Xeral Anual, se trataron os temas que máis preocupaban aos veciños e veciñas de Esteiro e que foron os máis debatidos :
- O retraso na posta en funcionamento do Comedor Social, que a pesar de contar con partida orzamentaria para o 2013, aínda segue sen prestar un servizo para o que hai unha gran demanda.
- A pouca presenza da Policía Local no Barrio, que orixina que haxa coches mal aparcados en todo o Barrio, nas beirarrúas, nos pasos de peóns e doble fila, etc. Moitas das queixa ían dirixidas á falla de vixilancia da Zona Azul e das Zonas de Carga e Descarga. Se reclama que unha parella da Policía Local manteña unha presenza constante no Barrio para facer cumprir as ordenanzas de Tráfico, Urbanismo, Tenza de Animais, Terrazas, etc.
- Quedou patente que aínda quedan moitas deficiencias no Barrio sen arranxar, especialmente en reposición de bolardos, de sinalización vertical e horizontal e, sobre todo, en reparación de beirarrúas.
- Denunciouse a falla de interese do Goberno Municipal na rehabilitación da parte vella de Esteiro, especialmente o espazo comprendido entre Mac Mahón e Fernando VI e transversais e as rúas Lugo, San José, Espoz y Mina, etc. Non hai tampouco esixencia municipal de que os propietarios de vivendas e solares abandonados fagan as obras de conservación precisa.
- Denunciouse a desaparición da Participación Cidadá e dos Orzamentos Participativos co actual Goberno Municipal e o incumprimento das convocatorias das Asembleas de Barrio ( En Esteiro desde Abril do 2012 non se convocou ningunha máis , incumprindo o Regulamento de Participación Cidadá).
- Se valorou como un gran logro a próxima construcción para o vindeiro curso academico 2013-2014 da Escola Infantil Pública de Esteiro, unha vella demanda a Asociación Veciñal.
En canto aos obxectivos para o ano 2013 se acordou:
- Seguir demandando o Comedor Social e a Rehabilitación da parte vella do Barrio facilitando axudas públicas aos propietarios.
- Opoñerse ao malgasto doutro millón de euros máis na Praza de España, que xa leva consumido 18 millóns de euros.
- Opoñerse ao trazado Sur do Tren ao Porto Exterior de Ferrol.
- Demandar que se manteña e se amplíe o servicio de transporte Urbano, tanto na Zona Urbana como na Zona Rural.
- Demandar carga de traballo para os estaleiros públicos.
- Colaborar decididamente coa Universidade para a construcción da Residencia Universitaria Pública na parcela do antigo INVIFAS na Rotonda de González Llanos. e da cesión de novos espazos como a Residencia de Oficiais de Esteiro, a Residencia do Coronel do Tercio e o Cuartel de Dolores.
- Participar en cantas accións e mobilizacións se convoquen en Defensa da Sanidade Pública, Universal e Gratuíta, opoñéndonos as privatizacións ao repago e ao medicamentazo.
No referente á elección da Xunta Directiva o resultado foi que os 10 directivos que a compoñen son:
- Xosé Miguel López Pérez, que continuará desempeñando a Presidencia da AV de Esteiro.
- José Manuel López Pita, Vicepresidente.
- Xoán Carlos Aneiros Rico, Tesoureiro.
- Antonio Ríos Rodríguez, Secretario.
- Juan Cervantes González Vicesecretario.
- Vicente Aneiros López Vogal 1.
- Dolores Alonso Trasancos. Vogal 2.
- Francisco Manuel Fernández Rey, Vogal 3.
- Xesús Manuel Díaz Suárez, Vogal 4.
- Fernando Naveiras Freire. Vogal 5.
Nuns tempos nos que moitas entidades veciñais e doutro tipo teñen problemas para conformar unha xunta directiva, en Esteiro poidemos conformar unha Directiva con 10 persoas, aberta á incorporación daquelas persoas que se queiran integrar.
0 comentarios:
Postar um comentário