Parque de Xogos Infantís en Taxonera

14 de mar. de 2014

Para: Alcalde-Presidente do Concello de Ferrol


De: Asociación Veciñal de Esteiro.


Asunto: Solicitude de instalación de Parque de Xogos Infantís.



Pola presente SOLICITAMOS a instalación dun pequeno parque de xogos infantís nos Xardíns de Taxonera detrás da escultura de Luís Rapela.



Pensamos que, debido a que o Bario de Esteiro ten unha densidade de poboación de nenos e nenas moi alta, os dous parques de Xogos Infantís sitos, na Praza de Antolín López Porta, no lateral do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, e o do Parque de Pablo Iglesias, son insuficientes.


Propoñemos ese espazo dos Xardíns de Taxonera, por que están situados no outro extremo do Barrio, próximos ao Cantón e a Gardería do Ministerio de Defensa e son lugar de paso para o CEIP Isaac Pera e tamén próximos ao Colexio Privado Concertado da Compañía de María e do Santuario das Angustias.


Non se trataría dun Parque de Xogos con moitos elementos complexos nin con elementos complexos. Trataríase de colocar catro elementos sinxelos, que completasen a dotación de Esteiro, na súa parte mais degradada das antigas rúas de Esteiro.


Ferrol a 8 de Marzo de 2014.



Xunta Directiva da AV de Esteiro





0 comentarios:

Postar um comentário