A Asociación Veciñal de Esteiro denuncia o castigo da Deputación da Coruña á nosa entidade
18 de fev. de 2013
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro, como antes fixera a Asociación de Veciños de San Xoán-Bertón, queremos denunciar a exclusión desta entidade nas subvencións da Deputación Da Coruña para o ano 2012. Desde a nosa entidade consideramos que é un castigo político, por manter a nosa independencia con todos os partidos políticos e non ser afín, nin gardar obediencia con ningún deles.
No escrito que nos remite a Deputación, logo de demandarllo a través do Rexistro xa que o método da Deputación é non comunicar as exclusión nin o motivo das mesmas, a nosa entidade obtén 66 puntos dos 70 necesarios para obter a citada subvención.
- Coeficiente de financiamento ( máximo 35 puntos) obtemos 31 puntos.
- Números de beneficiados (máximo 20 puntos) obtemos 20 puntos.
- Grados de xustificación das subvencións 2011(máximo 10 puntos) obtemos 10 puntos.
- Emprego da Língua Galega ( o máximo é só 5 puntos ) obtemos 5 puntos.
- Adecuación das actividades ao interese provincial ( máximo 30 puntos) obtemos 0 puntos.
Este apartado de Adecuación das actividades é o que se utiliza para, dixitalmente, decidir quen obtén e quen non obtén subvención. Non está definido que actividades teñen interese provincial, nin como se gradúa a concesión, nese apartado, de 0 a 30 puntos, co que queda aberto a arbitrariedade a concesión de subvencións ou non como é o caso da AV de Esteiro.
Ademais na Memoria de Actividades da AV de Esteiro manifestamos que unha das liñas de actuación é: A recuperación de tradicións que superen o ámbito local e comarcal. Malia a eso se nos conceden puntos.
O apartado de Adecuación das actividades ao interese provincial, xunto co menosprezo que a Deputación fai á valoración do emprego da língoa galega , 5 puntos sobre un máximo de 100 puntos posibles, fai que se poidan cometer arbitrariedades e inxustizas como a que aquí DENUNCIAMOS.
Por parte da Deputación da Coruña non se fixo aínda público, malia que as subvencións concedidas xa foron pagadas case totalmente, nos se fixo público, como obriga a Lei, que entidades obtiveron subvención e o importe da mesma. Unha vez publicada a listaxe das mesmas se abre o prazo para presentar un Contencioso Administrativo contra esa Resolución.
A Asociación Veciñal de Esteiro imos levar este tema da arbitrariedade da concesión nas subvencións da Deputación de A Coruña 2012 á xuntanza que a Federación Veciñal "Roi Xordo" teremos o vindeiro mércores día 20 de Marzo para tomar as medidas colectivas que consideremos necesarias.
De todos é sabido que a Asociación Veciñal de Esteiro somos unha entidade que desenvolve moitísimas actividades e que somos unha das máis reivindicativas de Ferrol diante de calquera Administración Pública e é ese o motivo da nosa exclusión: O ser unha Asociación reivindicativa, independiente e que non agocha a cabeza diante do Goberno Municipal ou calquera outra Administración nin lles rende pleitesía, por iso e só por iso se nos castiga.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro
0 comentarios:
Postar um comentário