Acordos da Asemblea Xeral da AV de Esteiro
7 de mar. de 2012
Na asemblea xeral da Asociación Veciñal de Esteiro celebrada o día 1 de Marzo se tomaron os seguintes acordos que establecen as prioridades de traballo da Asociación:
- Demandar a posta en funcionamento do Comedor Social de Esteiro, acometendo as obras que faltan, que estaba comprometido polo anterior Goberno Municipal e que contaba con partida orzamentaria para a súa posta en funcionamento.
- Demandar a creación dunha Area de Rehabilitación Integral ou calquera outra figura urbanística que permita axudas para a rehabilitación da Esteiro Vello incluida a Praza de Ferrándiz.
- Opoñernos a que se gasten 700000 euros máis na Praza de España. Demandar que se remate xa seguindo o proxecto existente, que contaba co orzamento necesario. A cidade precisa deses cartos para proxectos máis necesarios e os comerciantes da Praza de España xa sufriron dabondo.
- Facer un seguimento do cumprimento do compromiso de comezar as obras da Escola Infantil de Esteiro no presente ano 2012, na parcela da rúa Manuel Murguía.
- Demandar co Concello que se vixile a Zona Azul do Barrio para posibilitar máis espazo de aparcamento. Hai meses que a Policía Local non vixila a Zona Azul.
- Denunciar o comportamento despreciativo do Concelleiro de Urbanismo e Obras, coa nosa entidade, a quen se lle ten solicitado ata tres veces polo Rexistro Municipal, unha entrevista, a primeira vez en Outubro, e aínda non a tivemos. O Regulamento de Participación Cidadá establece un prazo máximo de 30 días para que un concelleiro se reuna coas entidades que estean rexistradas no Rexistro de Asociacións do Concello de Ferrol, como é o caso da AV de Esteiro.
- Continuar demandando a desafectación dos terreos de Defensa en Esteiro para a ampliación do Campus Universitario e para a construcción da Residencia Universitaria Pública.
- Organizar unha excursión a Lisboa os días 28,29 e 30 de abril e 1 de Maio coa empresa Viaxes Ecuador.
- Impulsar desde a AV de Esteiro a creación dunha "Asociación de Mulleres do Barrio de Esteiro"
Como non se presentou ningunha candidatura para a Xunta Directiva, finalmente a actual tomou a decisión de continuar un ano máis os 10 directivos que a compoñían:
Xosé Miguel López Pérez, presidente. Jose Manuel López, vicepresidente. Carlos Aneiros, tesoureiro. Antonio Ríos, secretario. Juan Cervantes, vicesecretario e como vogais: Dolores Alonso, Xesus Manuel Díaz, Vicente Aneiros, Francisco Fernández e Fernando Naveiras.
0 comentarios:
Postar um comentário