Nota de Prensa sobre Promesas Incumpridas
20 de jan. de 2012
O pasado martes día 17 de xaneiro, enviamos á prensa e os grupos municipais o seguinte comunicado:
Promesas incumpridas
O pasado mes de outubro, hai xa
tres meses, mantiñamos unha xuntanza co Concelleiro de Tráfico e Servizos, D.
Pablo Cal para trasladarlle a grave problemática en canto á situación do
tráfico en Esteiro e a falla de aparcamento.
Nesa xuntanza, entre outras
cousas lle reclamamos:
- Que se volvese a poñer en funcionamento a zona azul.
- Que volvese a haber unha patrulla permanente polas mañás e polas tardes no barrio como había anteriormente.
- Que se fixese un pintado horizontal en todo o Barrio de paso de peóns e do espazo que ten que ocupar cada coche para gañar 250 prazas de aparcamento.
- Que se negociase con defensa a utilización do aparcamento de diante do Cuartel de Dolores ( 150 prazas valeiras).
- Que se negociase con Bazán a entrada do tranporte público dentro da Empresa e horarios adaptados á xornada de Bazán.
- Que se viciase o horario de apertura dun local de ultramarinos da rúa Fernando VI que abastece ó botellón de todo Ferrol.
Se comprometeu o concelleiro a
crear unha estructura de mando da Policía Local e a que, de novo, houbese
patrullas de barrio e que patrullasen a pé.
A realidade, tres meses despois,
e exactamente igual. Non hai patrulla de barrio e cando se chama á Policía
Local para denunciar incumprimentos da Normativa de Tráfico, moitas veces se
nos resposta que” non hai efectivos
disponibles”. Non se vixía a zona azul polo que aparcar volta a ser unha
odisea.
Non se fai un pintado horizontal,
a pesar de haber novos orzamentos. Nos se repoñen os sinais verticais de
tráfico que , por unha causa ou outra, desaparecen( a pesar que, sen ser a nosa
obriga, sempre mandamos unha foto da anomalía indicando a situación da mesma).
A pesar de que o Cadro da Policía
Local aumentou , segue a cantinela de “ Non hai efectivos suficientes”. Pola contra efectivos da Policía Local, de
primeira actividade, se dedican cada día a repartir pola cidade notificacións
dos Xulgados( cando hai funcionarios xudiciais para ese menester).
Tamén o concelleiro de Trafico e
Servizos, se fixo o compromiso público, diante dunha demanda da AV de Esteiro e
algunha Comunidade de Propietarios, de limpar, sen custo para os veciños, as
pintadas feitas nas rúas de Zurbarán, Velázquez, San José , Soto nunha noite de
botellón, en locais comerciais, portalóns de garaxes e mesmo vehículos. A promesa se fixo pero a realidade e que
non se cumpriu .
Tamen o Barrio de Esteiro e a
cidade en xeral, cada vez que rompe un colector de vidro, queda sen o servizo
debido a que o Concello de Ferrol non ten colectores de reposto, que lle ten
que facilitar a Xunta de Galicia, pero que o Concello ten que solicitar. Como se vai facer recollida selectiva se
non hai colectores?
Reclamamos, de novo, a presencia da Policía Local, de modo permanente
en Esteiro para facer cumprir as Ordenanzas Municipais, de Tráfico, Urbanismo,
Recollida de Lixo, Ocupación de Espazo Público, Tenza de animais etc.
Despois de sete meses desde a
toma de posesión e con maioría absoluta, xa é hora de que se empecen a executar
accións de Goberno e a cantinela de“ a
culpa é do Goberno Anterior”, xa se fai cansina e xa ninguén a cree.
Tamén queremos denunciar a dificultade para manter xuntanzas con algúns
concelleiros e concelleiras, malia telas solicitado por Rexistro, nalgún caso,
hai tres meses.
É así como se entende a Participación Cidadá?
Xunta Directiva da AV de Esteiro
0 comentarios:
Postar um comentário