Pipi Can en Esteiro o primeiro da cidade

8 de abr. de 2011

Unha nova infraestructura pública na Cidade de Ferrol que se comeza a construir en Esteiro na rúa Eduardo Pondal. A pasada semana se poñía en funcionamento un parque para xogos de cans, que é a primeira instalación que se fai en Galicia, nas inmediacións do Diapasón, e agora un Pipi Can que se comezou a facer no día de onte e que estará rematado nun mes aproximadamente.

Estas dúas infraestructuras son froito da colaboración entre a AV  de Esteiro e a concellería de Parques e Xardíns que dirixe Rafael Fernández Beceiro.

Estas obras teñen un orzamento de 33.000 euros e consistirán na ampliación da zona verde existente, a plantación de 7 árbores auctóctonas , neste caso freixos, e un seto na parte axardinada, ademais da zona específica para que os cans fagan as súas necesidades.

Con esta obra se eliminará un cepo dunha árbore que estaba no medio da beirarrúa.

Desde a AV de Esteiro non compartimos, ó igual que moitos veciños e veciñas de Soto e Eduardo Pondal, que se eliminasen tres castiñeiros de indias que existían na zona, aínda que o informe do Técnico do Concello, Sr Sánchez de Toca, demandaba a súa eliminación por, segundo el, estar moi danados.
Respectamos ese informe técnico, pero non o compartimos. Aínda así estamos seguros que o resultado final dos traballos mellorará a zona en custión.

http://www.ferrol.es/ampliar.aspx?id=31750


El Ayuntamiento instalará en el barrio de Esteiro el primer «pipicán» de la ciudad

0 comentarios:

Postar um comentário