Situación caótica de tráfico en Esteiro na madrugada do 10 de febreiro
Nota de prensa da AV de Esteiro sobre o caos de tráfico sucedido esta mañá do de febreiro, que colapsou todo o Barrio de toda a cidade.
Desde a AV de Esteiro , desde a nosa fundación, sempre vimos considerando o tráfico e os problemas derivados del, como o principal problema que sufrimos neste Barrio.
Sempre fixemos propostas e xestións para a súa solución:
• Zona Azul.
• Utilización de novos espazos de aparcamento, como poder, por parte da Universidade, utilizar o aparcamento do Tercio Norte.
• Potenciar o uso do Transporte Público, e adaptalo ós horarios de traballo das empresas.
• Entrada do Transporte Público dentro da empresa BAZÁN.
• Incremento do número de pases para as empresas auxiliares de BAZAN, que hoxe teñen máis traballadores que a empresa principal.
No día de onte foron retirados centos deses pases as empresas auxiliares, co que a día de hoxe centos de coches van ter que aparcar fóra de BAZAN , agravando unha situación de falla de aparcamento e de caos de trafico que xa era moi grave.
Demandamos de BAZAN que se devolva a autorización de aparcamento a aqueles traballadores que, sen motivo, lles foron retirados e que se entreguen tantos pases como prazas de aparcamento haxa dentro do Estaleiro.
Reclamamos do Alcalde de Ferrol e do Comité de Empresa de Bazán unha implicación plena na solución deste problema.
Hoxe moitos veciños e veciñas de Esteiro, por mor das medidas de presión tomadas polos traballadores das auxiliares, tiveron problemas para poder saír dos seus garaxes polo colapso de trafico que existía ás 6:30 horas e se alongou unha hora.
Desde a AV de Esteiro consideramos á Dirección de BAZAN como única culpable do caos creado e a emprazamos a que resolva , de xeito inmediato, o problema que, de xeito inxustificado, creou.
Xunta Directiva da AV de Esteiro
http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/14983-noemi-ferrol
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/protesta-retirada-pases-coches-naval/idEdicion-2011-02-10/idNoticia-638474/
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/02/11/0003_201102F11C5991.htm
0 comentarios:
Postar um comentário