NOITE MEIGA DE SAN XOÁN 2010
31 de mai. de 2010
Noite meiga de San Xoán 2010.
Xa estamos organizando, como vimos facendo desde hai 9 anos, a Noite Meiga de San Xoán e a fogueira do Cadro de Esteiro, declarada oficialmente polo Concello de Ferrol no ano 2008 como Fogueira institucional de Ferrol.
Haberá unha carpa no Cadro de Esteiro con actuacións musicais.
Faremos unha visita guiada polo Barrio saíndo da Praza de Santo Amaro.
Non faltará o pasarrúas cun grupo de música tradicional e se podemos recuperaremos os cabezudos.
Actuará o Grupo Os Zares con música dos anos 70 e 80.
A Concelleira de Festas , Dona María López fará o acendido de fogueira e lerá o pregón.
E por suposto haberá Sardiñas, Pan e Viño.
Non faltará a Pirotecnia de Manolo Millarengo que, como tódolos anos, fará un espectáculo de fogos de cores.
Tamén se verán afectados pola crise os actos do San Xoán, pero tentaremos que se poida pasar unha noite agradable, festiva e mantendo as nosas tradicións.
0 comentarios:
Postar um comentário