24.02.2010 Xuntanza da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Ferrolterra.
Segundo o acordo da Comisión Permanente da Plataforma, integrada por CCOO, UXT, CIG, Xunta de Persoal de Área, Agavida, Alcer, Grupo Diversidade Funcional, Av Caranza, Av Valón e Av Esteiro, celebrada o día 27:
CONVOCAMOS unha xuntanza das 35 entidades que, neste momento compoñen a Plataforma para o mércores día 24 de febreiro ás 19 horas no local da AV de Esteiro na rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
A orde do día é a seguinte:
Aprobación dun logo da Plataforma.
Aprobación dunha aportación económica ( se propoñen 50 euros/ano por entidade).
Campaña de reclamacións contra as listas de espera.
Coordinación da Plataforma con outras Plataformas pola Defensa da Sanidade do resto de Galicia.
Campaña de difusión do programa da Plataforma en toda a Área Sanitaria.
Propostas de Mobilizacións.
Varios.
Facemos un chamamento á participación de tólas entidades veciñais e asociacións sociosanitarias que aínda non forman parte da Plataforma para que asistan a esa xuntanza e , se así o deciden, se incorporen á mesma.
Por vez primeira, esta será a terceira xuntanza do Pleno, se CONVOCA a tódolos partidos políticos que queiran asistir a esa xuntanza e que subscriban o ideario da plataforma ( sempre, por suposto, modificable).
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
0 comentarios:
Postar um comentário