PARQUE BIOSAUDABLE EN ESTEIRO

27 de abr. de 2010

Mañá mercores día 28 de abril ás 11 da mañá, o Alcalde de Ferrol, D. Vicente Irisarri e o Concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, D. Rafael Fernández, acompañados da Xunta Directiva da AV. de Esteiro e dos veciños e veciñas que queiran asistir, inaugurarán o Parque Biosaudable en Esteiro, na Praza de Antolín López Porta.



Na Praza de Antolín López Porta a empresa A Mi Madera comezou no día de hoxe, 14 de abril, as obras para instalar un Parque Biosaudable no Barrio de Esteiro, en paralelo á Travesía da Universidade. Pronto os veciños e veciñas do barrio poderemos disfrutar desta nova infraestructura, que foi unha demanda da Asociación Veciñal de Esteiro, constará de 7 aparellos que , fundamentalmente, van dirixidos a persoas maiores.

Faráse máis preciso que nunca que se respecte a prohibición de levar cans a esa Praza.

http://www.ferrol.es/ampliar_es.aspx?id=21236

PROPOSTAS PARA O FONDO ESTATAL DE EMPREGO E SOSTENIBILIDADE LOCAL DO ANO 2010

26 de fev. de 2010

FORMULADAS POLA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO E PRESENTADAS NO REXISTRO MUNICIPAL DO CONCELLO DE FERROL O DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2009.

A Asociación Veciñal de Esteiro presentamos non Concello de Ferrol a nosa proposta para o chamado “II Plan E 2010”.

Previamente queremos manifestar que segundo un informe presentado pola Empresa Cidadanía á Concellería de Participación Cidadá e que foi presentado nunha xuntanza do Grupo de Ánalise e Propostas , do que formamos parte, celebrada no Concello de Ferrol, o Barrio de Esteiro foi o que menos investimento por habitante recibiu no I Plan E, polo que non debe suceder o mesmo no ano 2010.

As propostas presentadas, teñen unha orde de prioridade e preferencia e son:

1. Urbanización da Praza de Alvaro Cunqueiro con asfaltado das rúas que converxen nela e da rúa que circunda a Praza. Esta é unha zona que xa se tiña comprometido a reparar, tanto o anterior goberno municipal como o actual, pero a realidade é que está completamente degradada e con cables eléctricos ó descuberto.

2. Asfaltado da Rúa Álvaro Cunqueiro desde a Avenida de Vigo á Rúa Caranza, coa colocación de bolardos que impidan aparcar nas beirarrúas.

Comunicado a toda a cidadanía, leido na manifestación na defensa dos espazos públicos, do 4 de marzo de 2007

22 de fev. de 2010

Veciñas e veciños de Ferrol.

Por terceira vez estamos aquí para defender os espazos públicos, que son os lugares de encontro para toda a cidadanía , sen distincións de clase ningunha. E estamos aquí obrigados pola teimosía daqueles que tentan enganar á xente , dicíndolles "te escuchamos" ou dicindolles " Ferrol o único importante", cando en realidade só escoitan a voz dos seus intereses partidistas.

Benvidos e benvidas a nova web da Asociación Veciñal de Esteiro

19 de fev. de 2010

Benvidos e benvidas a nova web da Asociación Veciñal de Esteiro. Aque atoparedes puntual información sobre o barrio e todo no que nel acontece.